Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Luc Besson di au revoir!

25-09-2006 15:12:03

O director e productor cinematográfico fráncés Luc Besson anunciou que deixa a dirección co seu décimo filme, Arthur et les minimoys, que se estreará o vindeiro decembro, para ter tempo de axudar ós demáis.


O autor de Nikita (1990), O quinto elemento (1997) e Xoana de Arco (1999) aproveitou unha entrevista para indicar que ten intención de crear unha fundación para os mozos que viven nos arrabais das cidades francesas.

O cineasta iniciou a súa andadura coma director en 1983, coa longametraxe de ciencia-ficción Kamikaze 1999: O derradeiro combate *.

Máis tarde asinou Subway: na procura de Freddy (1985), O grande azul (1998), Atlantis (1991), León. O profesional (1994) e Anxo A (2005).

A súa derradeira cinta, Arthur et les minimoys, é unha película de animación baseada nunha serie de libros escritos po el mesmo. O filme dobrado en inglés terá a Madonna e David Bowie nas voces dos protagonistas.

* Kamikaze 1999 é a súa primeira longametraxe, antes xa dirixira unha curta titulada: L'Avant dernierr,

Outras reaccións: Buchinsky (de Viver e Morrer no Cinema)

Categoría: Directores 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios


Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García