Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

NinDavid Craig, nin Pierce Brosnan, nin Sean Connery

12-09-2006 01:33:51

Pero si con tódolos demáis: Peter Sellers, Ursula Andress, David Niven, Orson Welles, Woody Allen, John Houston, Jean-Paul Belmondo...

Este grupo de actores nun filme promete moito, e esta película de James Bond, que non está incluída na saga, convertea nun producto, digamos, estraño. Poderíase clasificar coma obra de arte e un clásico do cine pero moita xente preferiría esquecela.

Nesta historia de James Bond hai moitos James Bond. Tódolos axentes do MI6 son clasificados coma 007. Aparece o sobriño de JB na man de Woody Allen (xenial) e a filla que tivo o axente secreto con Matahari. Tantos personaxes fan de Casino Royale un filme rocambolesco e moi do seu tempo, onde os artefactos secretos eran do máis orixinais e "modernos" (unha persecución de automóviles en Escocia a simularon con coches de Scalextric)

O problema é que rumoréase que actualmente queren facer o mesmo nas películas da saga do axente, e dicir, que nunca houbo un só James Bond, se non que tanto Sean Connery, Roger Moore, George Lazenby, Timothy Dalton, Pierce Brosnan e agora, Daniel Craig, foron distintos James Bond en tempo real. Os demais ou se xubilaron ou foron K.I.A. A mín este invento non me gusta nada e non deberían facer máis números nunha saga que xa estropearon bastante convertendo un axente secreto nun vindiesel ou therock de pantasmadas e acción absurda.

En resumo, Casino Royale é un clásico que non lle hai que mirar nin criticar nada. Soamente disfrutar do seu visionado.

Diefer Casan


Categoría: Críticas 1 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Xan Pol Valei, o día 01-04-2007 12:25:35h.
David Craig? o irmán de Daniel? Meu deus! estou dentro dun pesadelo coma cando me enterei que había unha peli que titulabase "Todos los hermanos eran agentes"(1967) protagonizada polo irmán de Sean: Neil Connery ou sería David?



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García