Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Ala... mierda!

05-09-2006 23:08:10

P*t* cine español de merda....

Cagho en tódolos que pariron semellante merda... por facerme perde-lo tempo... por escarallar calquera mínimo respecto que tivese polas produccións desta península de miseria cinematográfica... por ser tan dados polo cu e tan chupapirolas e máis p*t*s cas ghaliñas... etc., etc., etc. P*t*s tirados incompetentes e miserables.

Salvarei a Echanove, que fai un Quevedo pasable. Salvarei a Ariadna Gil, que cumpre ben coma actriz, unha tal De Castro. Pódese ignora-lo paso de Pilar López de Ayala, posto que nin dá nin quita nada. Queda ignorada. Javier Cámara debería atrapar un pouco pero en comparación tamén é salvable. Eduard Fernández; nada que dicir. Do pobre 'Aragorn', pois nada. Orson Welles, Alec Guinness, Laurence Olivier, calquera dos mellores tería parecido mediocre ante tanto monte de bosta.

E agora imos ó que imos.

Eduardo Noriega. Merece tantas maldades que me limitarei a expresar un intenso desexo de dor e sufrimento para el. Pero que malo é, Cristo bendito. Ou que mal o fai. Non é relevante. Que o colguen (figuradamente, que non o imos matar polo que fixo, que é delicto) para o seu escarnio e maledicencia en público. Só unha intervención de poderes superiores pode explicar que aínda teña traballo. Argh!!

Blanca Portillo. A culpa é súa por aceptar tal papel. Que se foda. Semellante papelón. Moita televisión vai facer a partir de agora. Pero non, que en España traballan os de sempre, como se ve na película, porque non importa que sexan malos, incompetentes, inaxeitados, parvos a encher ou directamente neno-nenas que noutro lugar estarían a traballar no negocio dos tapóns de lata para envases de bebida. Se nos oitenta estaban Forqué, Resines, Maura... agora temos á xeración Siete Vidas. Puta miseria.

Elena Anaya. O director non debería quedar só con ela, porque se esta moza de bo ver tivese algo de sangue, non o deixaba enteiro. Cortarlle os collóns por semellante chapuza de guión e dirección, non debería quedar impune. Mira que é unha mala personaxe. De cando é nova, non falarei, que a rapaza que fai dela ó mellor non está para máis aguantar. Pero Eleniña, de Eleniña... Xa van sendo horas de que deixe de ensinar teta na pantalla, que para iso non facía falla saír de Esteso, Landa, Pajares e demais compaña.

Patética.

O director. Agustín Díaz Yanes. Fuxir. Non coñezo “en profundidade” o que fixo este exemplar antes de Alatriste. Pero nunha industria con criterio económico e de certo tino xa o terían marcado a lume coma inimigo de todo o que é rendible. Que p*t* desastre de tipo. Mirade que eu de cine sei o que sei, que é ben pouco, pero cando mesmo eu me decato de ata que punto está mal rodada unha escena, de ata que nivel está corrompido e trampeado un guión (sen ter lido libro do tal Reverte ningún), de cantos posibles foron desaproveitados en cortes innecesarios, e de que forma unha minisuperproducción foi violada e torturada ata o seu vencemento... pois mal vai a cousa. Pero que carallo que confiou tantos cartos? É a antítese de todo o que pode ser friki. De todo o que pode ser comercial e rebenta-taquillas. Merda, que se me confunden as neuronas.

P*t* lixo de película.

Mirade que teño tragadeiras. Pero ben grandes, eh. Que trago cada cousa con gusto... que non ten nome. E quería escapar do cine. Quería saír daquela sala como fose. Desexaba estar en calquera outro lugar. Non soportaba ter que comparar o infumable producto medio español con Viggo Mortensen. Pero é que non o aturaba. Superábame. Pero moito, que non un pouco nada máis. Pero con dous collóns e moito sufrimento agardei ata o fin. Por se acaso aparecía algo salvable. Que non apareceu. De feito, aínda foi a peor. Porque a rodaxe na praia debeu ser unha desas de tripa solta e que gracias. Inenarrable. Hai que sufrilo para comprendelo. Pero non llo recomendo a ninguén. Desaparecede. Non vos poñades nesa situación. Porque logo ven o dos Tercios en combate. Un quero e non podo de libro. Unha cousa tan mala que asusta de verdade. ¿Pero como carallo non viron que aquelo era lastimoso?

Lémbrame agora o roce entre Sabina e Ramoncín polo tema da manta. Pois logo disto que veñan chorando por subvencións os do cine español, que veñan. A patada nos dentes que lles había que dar sería por piedade... para cos amantes da 7ª Arte. Ó infecto escravista da SGAE correspóndelle o papel de lacaio lambecricas que chora polos cartos e defende esta producción tan española. Sabina é o sentido común de quen paga por ver algo entretido e mínimamente digno. Alatriste é insultante. Por tanta indignante pobreza mental e tanta ausencia dunha faísca sequera de bo gusto ou vergoña allea....

Se existise un xuíz imparcial na taquilla... estaríamos ante a maior hostia nunca atrapada por unha merda rodada por e con tanto español, que tiña que ser moi española esta película, por moito que non haxa máis que mediocridade e ínfulas de nada neste endogámico mundiño de (...) (...)

O Reino dos Ceos. Menos mal que de española ten o xusto (agás para a Sra. Menestra...) e será esa a parte ridícula... ou non.

Non pararía ata mañá ou pasado. Pero que outras doctas e sabias persoas completen estes comentarios. Porque son as cinco da madrugada e teño que me tranquilizar antes de ir para a cama. Menuda noite de merda. Pero de moita merda. Viscosa e fedorenta.

Normalmente tería tentado facer algo un pouco menos cru e se cadra máis coidado. Pero tendo en conta as insatisfeitas gañas de lles parti-la cara que teño... pois queda así.

E por último, non vai ser que alguén se pique e lle pida a un xuíz que lle rasque...

Q’abía vebido i no rejía, senhoría, que uno es probe pero onrado. Que no deseava d’ofender, pero el alcól lla se save.... Que la culpa es de la soziedad, que somos todos.

Incrible... De verdade. O que non a vexa non o vai crer. Pero o que a vexa vaino lamentar na súa alma inmortal.

Incrible... Máis de vinte millóns...

Incrible...

Don Vitto



Unha triste ocasión perdida

A película máis cara do cine español, unha superproducción ó estilo Hollywood, os mellores actores españois por fin reunidos, e todo isto ¿para que? Para facernos perder dúas horas e pico que teríamos aproveitado mellor vendo un documental sobre a cría do mosquito aleteador do suroeste de Manchuria, ou calquera outra cousa, porque o que nos botaron diante era infumable, pero vaiamos por partes.

O deseño de producción é impecable, a recreación de vestiario, escenarios, e todo tipo de ambientación está en altísimos niveis de calidade, unha inmellorable axuda ós actores para meterse no papel e na historia, por iso resulta máis incomprensible todavía o que fixeron. E con isto rematamos as cousas boas.

O argumento é totalmente inexistente, non hai unha liña conductora que axude ó espectador a conectar cas personaxes, a entendelas e aprecialas, ou desprecialas O único que temos é unha sucesión inconexa de episodios costumbristas que dan unha idea da vida no século XVII, e punto. Para iso non facían falta vinte millóns de euros, seguro que na dúas poñen algún documental máis fiable e barato.

A dirección e montaxe son outro lastre, vale, eu non terei unha carreira como cineasta, e non serei máis ca un afeccionado, pero incluso eu sei cando teño que parar de botar lixo no caldeiro, porque a esta película lle sobran bastantes minutos, e os outros están moi mal aproveitados, pero claro, cando no tes un fío que che guíe, é lóxico que te perdas.

Os actores son outro caso aparte ¿Realmente viven disto? Se son tan bos como para engana-los productores e que os contraten, ¿por que despois o fan tan mal na película? Salvando a Juan Echanove, facendo de Quevedo, o resto son unha mafia de aproveitados que dalgunha maneira conseguiron facerse co control do mundiño artístico ou que no seu momento fixeron un bo papel e agora viven de rendas, non aportando nada máis que o seu nome, porque interpretación, a verdade, non é que aportaran moita (non me vou extender agora con cada un deles, iso déixollo a outros, pero deixarei claro unha vez máis que Eduardo Noriega nunca me pareceu un bo actor, e agora xamáis mo vai parecer).

Mención especial merece o amigo Viggo Mortensen, engadido na producción para meter unha estrela de renome internacional, aporta a única persoaxe creíble de toda esta tropa, e o seu esforzo para eliminar o seu acento porteño resulta encomiable, pero fai que en ocasións o tal Alatriste pareza bébedo, ou cando menos de resaca, de todas formas coido que non tiña que ter tomado tantas molestias, ó fin e o cabo, un Alatriste arxentino teríalle engadido algo de gracia ó asunto, e así polo menos poderíamos finxir que estabamos ante unha mala comedia.

Despois temos o asunto das “escenas obligatorias”, esas que non aportan absolutamente nada ó inexistente guión, pero que hai que meter porque tocan, como o protagonista é soldado (aínda que pasa máis tempo en Madrid que no frente), pois metemos unha escena de batalla “campal”, ó final, con calzador, e co persoal xusto para formar un cadro dos Tercios e uns cantos franceses cos que baterse, de forma que cubrimo-la cuota de “espectacularidade” de forma moi lamentable, e como estamos nunha producción española, parece que non podemos esquecer a escena de destape, así que tumbamos ahí a Elena Anaya ensinando teta e listo. Pois para iso non facían falla vinte millóns de euros, señores! Que as de Esteso e Pajares saían moito máis baratas e aportaban o mesmo!. Certo é que neste apartado temos que admitir a nosa benevolencia con outras produccións, e lembro agora, por exemplo, a recente The Fast and The Furious 3. A Todo Gas. Tokyo Race, pero é que incluso unha gañanada coma esa parece unha xoia do cine en comparación, e dende logo tiña moitas menos pretensións.

En fin, agardo que o público sexa cauto e non vaia ver unha producción tan dañina, se iso supón que o cine español volve ás historias “de autor”, intimistas e introspectivas, que só van a ver os catro culturetas de turno, pois vale, cada un ó que sabe facer, que deixen ós taquillazos españois para Santiago Segura e os seus amiguetes, que alomenos presume claramente de humor casposo, rancio e escatológico, e non engana a ninguén, porque o tal Díaz Yanes, co beneplácito e a beizón do pai da criatura, Perez-Reverte, parecía prometer unha película de aventuras, de capa e espada ó estilo clásico, e non, definitivamente iso no foi o que apareceu na pantalla.

Resumindo: unha película pomposa, grandilocuente, fachendosa, pretenciosa e derrochadora, pero sen argumento ningún que lle permita selo, un desperdicio absoluto de tempo e recursos, nada recomendable nin para piratear, salvo que teñas moito ancho de banda que usar e non se che ocurra nada que poñer no eMule, iso supoñendo claro está, que xa teñas descargado todo o porno existente en internet, ou as retransminsións íntegras de Eurovisión, ou calquera outra cousa, porque nunca, xamais na miña vida vira unha película que merecese de forma tan absoluta o térmo "atroz". En serio, non vaiades vela, non merece a pena, e se ides, logo non veñades a protestar, nos xa vos avisamos.

Godzilla-sama



Le tamén as críticas de Martin Pawley (de días estranhos), Rafa Marín (de Crisei) Ed e Big Corrosco (de abuse magazine) ou Nacho Gay (no elconfidencial)

Categoría: Críticas 18 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Don Vitto, o día 06-09-2006 00:12:28h.
Todo o mundo fala da boa producción e de que se notan os cartos. Pois lede a crítica do tal Gay do Confidencial: non abonda. Para iso xa temos museos e cadros, e pinturas, e Velázquez quieto, sen que necesite dalguén que lle mova as personaxes.
Tanto medio, tanto medio. E logo fan unha "batalla" final que a montamos nos na aldea a pouco que nos poñamos. Miserentos. Tanta fame pasaron que agora non saben comer con xeito, e o que fan é empachar da chea.
O tal Díaz Yanes: "Ohhh, tengo dinero. Ohh, tengo dinero. Ohh, tengo dinero. Oooohhhhh, tengo dinero... Que alguien me traiga un kleenex para limpiar esta p..elícula que me he hecho para mi gusto y satisfacción."

Inútil.

Comentario feito por ifrit, o día 06-09-2006 00:15:00h.
Si, as críticas dos outros que veñen abaixo tampouco teñen perda... Recomendo a de Rafa Marín, que de escribir sabe un rato...

Comentario feito por Don Vitto, o día 06-09-2006 00:34:39h.
Na bitácora de Rafa Martín fálase do son, que fai unhas cousas raras. É certo, resulta molesto, case lastimeiro. Cartos e máis cartos e non poden gravar coma é debido as voces. Ou ó mellor é cousa da incompetencia da actriz de turno. Non importa.

O que si que me deixa pampo é un tal "Hueso" dicindo que a peli é ¿boa? e que vela vale os cartos que custa.
Na miña vida semellante disparate escrito vin. A non ser que este cabaleiro a vise cunha invitación ou onde non vala a entrada máis de euro cincuenta. E aínda así.
Normalmente deixaríao pasar. Pero desta vez non pode ser...
Dicir que este enxendro podería ser entendible, ou algo. Hainos que son temerarios.

Comentario feito por mendinho, o día 06-09-2006 03:18:27h.
Parece que a ninguén lle gustou a película. Ate a miña moza, a quen lle soe gustar de todo, dixo que era un desastre.

Comentario feito por Uruloki, o día 06-09-2006 08:21:31h.
Lamentable, aburrida y, sobre todo, muy, pero que muy, mal realizada... El montaje de chiste, las secuencias de acción de coña. Terrible!

Comentario feito por Throin, o día 06-09-2006 09:11:13h.
Un solo apunte con de Mortensen, este ya se habia comprometido a hacer el papel antes del señor de los anillos.

Comentario feito por throin, o día 06-09-2006 09:12:09h.
Con lo de Mortensen o sobre lo de Mortensen. No con de Mortensen.

Comentario feito por Carlos el rojo, o día 06-09-2006 14:36:55h.
Juer, quedáchedes a gusto carallo. Pois eu tiña pensado ir a verla esta tarde e a pesares dos vosos comentarios. Con dos collóns. Xa os contarei…

Comentario feito por kuroi_yume, o día 06-09-2006 15:08:13h.
Cierto: ridícula, pedante, aburrida, lenta, larga..., y los actores? buff! de bochorno. Y además salen todos los de las teleseries... y todos tienen diálogo...

Es espantosa!

Comentario feito por ifrit, o día 06-09-2006 15:10:57h.
Isto non é unha crítica calquera é un servizo público á cidadanía en xeral.

HUÍD INSENSAATOOOS!!!

Comentario feito por Yann Breoc, o día 06-09-2006 16:18:42h.
Maldita sexa!!!
Mira que a min me tiña tamén unha pintaza excelente cando vira o trailer unha semana antes da estrea. Claro que no trailes ninguén falaba... coido que se coidaron moi moito de agachar as interpretacións...
Bueno... logo de opinións tan unánimes... que a vaia a ver a súa puta nai (a señora Llánez)

Comentario feito por Yann Breoc, o día 06-09-2006 16:31:53h.
A señora Yanes, quero dicir...

Comentario feito por Carlos el rojo, o día 07-09-2006 12:11:11h.
O final, onte fun a verla. A pesares dos comentarios, fun… E durante a primeira media hora estiven a punto de potar. Deus! Agora entendo por qué nunca poñían a ninguén falando nos trailers… ¿Pero cómo pode ser que deixaran falar a Viggo sen doblaxe? É un horror.

Logo dun rato adapteime e se me fixo un pouco máis doado. Tamén axudou bastante o feito de que Viggo, quitando a súa maneira de falar, é clavado ao orixinal. Creo que, xunto a actuación de Juan Echanove (é grande interpretando a Quevedo), é o gran acerto da peli.

En fin, se non leiches os livros é casi imposible enterarse da peli. E se chos leiches, ten erros tan grandes que é imposible que te guste.

Totalmente prescindible.

Comentario feito por Fagot, o día 09-09-2006 15:27:33h.
Vale, xa me convencéchedes, non vou ir vela, vou tirar da mula :)
Se nun blog onde se fala de filmes como "Volcano High" se pon tan a parir un filme por algo será :)
Por certo con todo o mal que fala a malloría da xente que a foi ver, comentaronme que hai un tal Luís Zahera, alias "Petroleo" ou "O carteiro do Luar" que non o fai mal. Como o víchedes?

Comentario feito por Anxo D, o día 09-09-2006 16:06:31h.
Pois... visto o visto xa non vou. Non preciso comprobar persoalmente se é máis ou menos merdenta do que a pon a xente por aquí. Grazas, meus, por excusarme da ocasión de cagarme en máis de ún no cine.

Comentario feito por Don Vitto, o día 11-09-2006 11:09:12h.
Fai do Portughes. E faino ben ou incluso moi ben. Pero porque el si que fala un portugués castelanizado ou algo, o que lle da moita vantaxe sobre o resto. Falar ben diante dos que non o fan. Sinxelo que te vexan mellor. O certo é que é un papeliño agradecido. Cun final cortado. Era unha das cousas que te despistaba para seguir aguantando máis, e máis, e máis, e máis, e máis detritus que paseaban pola pantalla. ¿E se aparecía algo, outro coma el? Pois non.

Comentario feito por Pol, o día 11-09-2006 15:30:51h.
¡Glande Don Vito, glande! :D

He tenido la suerte de no ver esta maravilla, pero algo con lo que estoy muy de acuerdo con Vito es con que son los pintamonas de siempre los que dan el coñazo en toda película española.

Comentario feito por Jimenez Espantos, o día 11-09-2006 15:34:14h.
Aplaudo la furibunda crítica de este joven inconformista que no ha sucumbido a los "encantos" del cine progretarra. Una subvención de plomo había que darles a estos parásitos.



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García