Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Canto dano fixo Initial D nas nosas novas e fráxiles mentes

29-07-2006 04:30:54

Cando un pensa en facer unha crítica deste tipo de películas, o primeiro que pensa é en non repetir demasiadas veces o término “atroz”, para que non perda forza nin significado, pero claro, quedamos sen sinónimos igual de contundentes e expresivos.

Pero vaiamos por partes, antes de entrar no cine xa tiñamos claro que iamos ver unha película con máis testosterona ca Floyd Landis, e por se quedaba algunha dúbida, a gran cantidade de malotes na cola e na sala é máis ca suficiente para despexalas, esperemos que ningún deles copie as maneiras dos protagonistas.

Dentro de The Fast and The Furious 3. A Todo Gas. Tokyo Race, hai tres partes que debemos diferenciar claramente:

    1. Argumento: prácticamente inexistente e apenas relevante, non é mais ca unha excusa para pasar ás outras dúas partes
    2. Mozas: Por suposto, tan neumáticas coma os propios coches, con pouca roupa e axustada, é decir, ensinando cacha, tal e como lle gustan a Shin-chan e a nós.
    3. Bugas: moitos, variados e tuneados ate o inferno, alomenos no que a pintura se refire, porque desta xa pasan de dar as poucas explicacións que aparecían na primeira parte sobre mecánica.

Sobre o que constitúe a parte principal da película, as carreiras en sí mesmas, tampouco é que engada gran cousa, a verdade é que a montaxe, intentando ser espectacular, non chega a máis que mareante, e contínuamente da a impresión de estar no medio dun accidente, así que cando chega o accidente de verdade, apenas percibes a diferencia, salvo algún plano a cámara lenta intercalado.

En canto a actuacións, non hai moito que decir, por non decir que os cameos fan olvidar por completo ós protagonistas, ese Sonny Chiba, ou o gran Keiichi Tsuchiya, o verdadeiro e único Rei do Derrape, nunha aparición que os máis fans deste mundiño, e de certa serie de anime, deberían recoñecer, por non falar da gran sorpresa final, que por suposto, non vou desvelar aquí, teredes que sufrir toda a película para velo.

En fin, unha pequena obra de entretemento, que pasará sen pena nin gloria pola nosa carteleira, e que só deixa unha reflexión neste pouco humilde crítico: “canto dano fixo Initial D nas nosas novas e fráxiles mentes”, quen poida entender, que entenda.

Godzilla-sama



Categoría: Críticas 4 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Diefer Casan, o día 02-08-2006 23:26:13h.
Pois eu son masoca e teño gañas de vela...

(¿Ou era Cars?) ;)

Comentario feito por ifrit, o día 02-08-2006 23:27:17h.
Non damos feito bo de ti...

Comentario feito por Godzilla Sama, o día 03-08-2006 08:37:37h.
Se resulta inevitable que a vexas, alomenos agarda a que saia en DVD, e a ser posible pirateada (comentario válido pra ás dúas opcións, coa colaboración do comité mundial antidisney)

Comentario feito por Fagot, o día 03-08-2006 19:52:59h.
Entre esto e bombardeos varios, a gasolina non para de subir.
Habería que poñer multas serias por despilfarrar recursos e por atentar contra a cultura universal.



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García