Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Ouveos (The Breed)

28-07-2006 21:00:45

Ouveos (Aullidos en castelán, The Breed no orixinal) é a última producción de Wes Craven. Desta volta será un dos seus pupilos, Nick Mastendrea, o que senta na cadeira de director.

Un grupo de amigos voa ata unha illa deserta para pasa-la fin de semana. Noutros tempos a illa fora ocupada por unha unidade especial de investigación canina. Pronto descubren que este fermoso refuxio convertiuse no seu peor pesadelo.

A que xa vos están entrando as ganas de ir vela de cabeza? Engadide a este subxugante argumento artistas da talla de Michelle Rodríguez, Taryn Manning ou Oliver Hudson e xa tedes unha idea case completa do que vos podedes atopar neste terrorífico filme de terror. Por se ainda non estades convencidos aquí tedes o trailer.

Segundo as notas de prensa o máis salientábel do filme son os cans. Uns cans especiais adiestrados que levaron o maior traballo da rodaxe.

Ouveos é unha película típica de verán adolescente perfecta para ir coa moza e pouco máis.

Categoría: Críticas 6 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Fagot, o día 03-08-2006 19:55:43h.
Outro remake?
Non sei se é así, en todo caso vaia mesiños que levamos entre "La niebla", "la profecía", "las colinas tienen ojos" etc, etc.

Comentario feito por ifrit, o día 03-08-2006 20:23:28h.
Pois non, esta non é un remake...
E das que citas inda se salva Os outeiros teñen ollos :)

Comentario feito por Fagot, o día 04-08-2006 11:31:42h.
Eso escoitei, de todas formas estamos chegando a un punto no que aínda que se salven xa se convertiron nunha falta de respeto. É todo un enorme plaxio consentido no que se pagas unha determinada cantidade tes dereito a apropiarte das ideas de outro e facelas propias para a posteridade. A gran cantidade e a desfachatez dalgunhas produccións están facendo que algo a priori tan interesante como a revisión de mitos se convirta nunha estafa consentida polo público que segue a producirlles beneficios a determinados usureiros da arte que mercantilizan productos alleos. En fin, que me quento ;)

Comentario feito por ifrit, o día 05-08-2006 13:43:56h.
Estou de acordo contigo. A maioría dos remakes son innecesarios en esencia e en resultado... Ademáis de que a maioría das películas revisadas son relativamente recentes... Máis lles valía facer unhas boas remasterizacións e repoñelas para que todo o mundo as vira como é mandado.

Recomendo ler http://crisei.blogalia.com//historias/42020

Comentario feito por Fagot, o día 06-08-2006 14:55:22h.
Moi bo ese blog. Non o coñecía (a dicir verdade non é que coñeza moitos) e entretivenme bastante con algunhas críticas e cos comentarios. Por certo que me pareceu surrealista o club de frikifans que ten Shayamalan pululando por alí, eu pensaba que a situación non era tan grave.

Comentario feito por ifrit, o día 06-08-2006 16:30:05h.
Por se alguén non sabe quen é Rafael Marín http://es.wikipedia.org/wiki/Rafael_Mar%C3%ADn



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García