Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Pathfinder

27-07-2006 17:14:56

Alguén dixo que estes vikingos parecían Guerreiros do Caos... Con este cartace xa queda todo dito. Impresionante... non sei se isa é a palabra que o define. Non sei de onde sacaron a inspiración estes homes... WH rules!

Pathfinder contaranos a historia dun mozo vikingo que resulta abandoado accidentalmente durante unha batalla entre vikingos e nativos americanos. Os nativos coidan ó neno coma propio, e anos máis tarde, cando o poblado resulta invadido polos vikingos, o mozo, xa feito un home, defenderá o seu poblado contra os vikingos...

Espero que non poñan os vikingos coma uns sanguinarios e dementes e os indios coma uns pacifistas de boa vontade. Sería americanizar demasiado.

¿Karl Urban tra-los pasos de Mark Dacascos?

A estrea estaba prevista para setembro nos Estados Unidos, pero vense de retrasar ata xaneiro por mor da esixencia que o equipo se autoimpuxo despois de ve-la reacción do público ó trailer.

Categoría: Xeral 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios


Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009