Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Novo trailer de Mercury Man

27-07-2006 17:55:52

Os tailandeses pode que non saiban moito de cinema pero entenden á perfección as reglas do cinema comercial. Os filmes de Tony Jaa prescinden de argumentos en prol de espectacularidade e un maior número de stunts e agora fan unha achega ó xénero de superheroes con Mercury Man. Porque non fai falla que estes teñan un cómic , se non que chega con que sexan molóns e teñan uns efectos especiais potabeis.

"Chan, un bombeiro tailandés, é dotado accidentalmente cun poder sobrenatural que procede dun obxecto místico chamado Leklai. Co tempo dase conta de que este poder/don dispón á vez dun lado positivo e dun negativo. Chan intentará manter o equilibrio entre ambos mentres fai fronte a un grupo mafioso que pretende recuperar este poder"

Precísase máis?

O primeiro trailer desapareceu, pero xa hai un segundo igual de impactante.

Vía KFC Cinema e Uruloki

Categoría: Trailers e teasers 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios


Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García