Remake de Os paxaros
03-07-2006 17:21:31
Teño que respirar profundo e contar ata 10 antes de escribir esta nova e non despotricar das productoras e a súa falta de ideas. Na súa defensa din que será a mesma historia pero contada de novo dunha forma totalmente distinta, sen nada que ver con Os paxaros de Hitchcock. É dicir, que o novo filme estará baseado no mesmo relato curto (de Daphne Du Maurier) no que estaba baseado o filme de Hitchcock e contará con ingredientes que este non incluíu, como personaxes, situacións, escenarios...
Vamos, que terán en común o nome, a inspiración e pouco máis.
Vía Rotten Tomatoes
Vamos, que terán en común o nome, a inspiración e pouco máis.
Vía Rotten Tomatoes
Categoría: Xeral 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)
Referencias
Comentarios




















Feito con