O resto da serie non está tan mal
20-06-2006 01:20:37

Que a estas alturas veña un calquera (coma un servidor, por exemplo) e se poña a dici-lo que opina sobre un clásico do anime coma Evangelion pode parecer un pouco pretencioso, pero dado que a modestia é a virtude dos que non teñen outra, aquí tedes a miña opinión sobre esta serie.
Para os que anden despistados diremos que Evangelion se sitúa no ano 2015, despois de que unha hecatombe coñecida como “segundo impacto” deixe o planeta bastante máis lixeiro de persoal comezan a aparecer unhas estrañas criaturas chamadas “anxos”, ca pouco sana e orixinal intención de rematar co pouco que queda de humanidade. Pero por suposto atopan resistencia, a axencia Nerv conta ca tecnoloxía necesaria para facerlles fronte, uns robots biomecánicos xigantes chamados EVA´s, pilotados, dende logo, por rapaces e rapazas de catorce anos (si, teñen que salva-lo mundo entre clase e clase, non vale como escusa para non face-las tarefas e ademáis perden as viaxes escolares porque teñen que quedar de garda, ¿todavía crees que mola ser o prota dunha serie de mechas?).
Pero a serie non queda nunha simple sucesión de malos que aparecen e son irremediablemente esnaquizados polos protas e os seus trebellos, tamén tes polo medio os líos románticos propios da súa idade, os líos románticos dos compañeiros adultos da axencia, os traumas infantís de cada un deles (e son cousa fina) e unha boa dose de conspiranoia, que misturado cun ritmo narrativo de varias velocidades e unha montaxe capaz de desmontar tódalas ideas que vas formando (“¿crías que sabías de que ía isto?, pois toma flashback”), forman unha serie bastante intrigante e interesante, capaz de satisfacer a afeccionados esixentes… ata que chegamos ós dous últimos capítulos.

Non é que queira destripar nada, nin empezar a lanzar alertas sanitarias ou algo así, pero se non es un MOI afeccionado, MOI esixente, e cunha MOI fonda capacidade de introspección, retención, e abstracción, sería mellor que te mantiveras afastado de estes dous episodios, polo teu propio ben. Vale, non vou ser tan tremendista, o único que digo é que ó rematar de ver estes dous capítulos tiña varias sensacións encontradas:
1-Negación: "non pode ser que estraguen así unha serie"
2-Ira: "pero que desfeita! non podían ter usado a tinta para algo útil?"
3-Negociación: “ó mellor se os vexo de novo, e logo vexo as ova´s entérome de algo”
4-Temor: “¿e se as ova´s son iguais ou peores que isto?”, e finalmente
5-Aceptación: “en fin, o resto da serie non está mal”
Resumindo, e na miña opinión, unha serie de moi boa calidade media, pero que se escaralla xusto ó final, deixando unha sensación nada agradable, nada que non se poida solucionar se a ves informado do que vai pasar, e tes a precaución de ignorar eses dous últimos episodios (aínda me pregunto cal terá sido o seu efecto sobre os poucos nenos que a seguisen cando a botaron no Xabarín Club da TVG, ¿teremos que esperar uns cantos anos para sabelo ou comezarán a aparecer superxenios e megapsicópatas de forma inmediata? O tempo dirá).
Pero claro, todo isto non é máis que a miña opinión, e as opinións son coma o “terceiro ollo”, cada un ten o propio e a ninguén lle gusta que veñan estraños a fozar nel.
Godzilla sama
Crítica de Neon-Genesis Evangelion Shin Seiki Evangelion
Categoría: Críticas 3 Comentario(s) & 0 Referencia(s)
Referencias
Comentarios
Comentario feito por Gran Dios del Bien y del Mal, o día 21-06-2006 03:54:34h.
Comentario feito por None, o día 11-04-2007 15:12:12h.
Very realistic and amusing site.: replica handbags
Engadir un Comentario




















Feito con