Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Zombis e baseball

14-06-2006 21:34:00

As primeira imaxes de Battlefield Baseball (a.k.a. Battlefield Stadium) son un resumo do que imos ver neste filme xaponés: baseball, explosións e zombis.

Inda que despois de botarlle un ollo ó trailer poida semellar que estamos diante da versión en baseball de Shaolin Soccer, nada máis alonxado da realidade.

Facer unha comedia pode parecer unha cousa sinxela, pero non chega con misturar zombis, baseball e humor desquiciado de calquera maneira. E Battlefield Stadium faia en xunta-los ingredientes.

Que de que vai? Pois dun equipo xaponés de baseball de instituto, un xogador estrela cun tiro tan forte que pode matar, un equipo de zombis malos malosos, pero uns peores que outros, todos morren, todos resucitan, os malos únense ós bos para vencer ós peores e todo regado con situacións ridículas, disfraces, cancións, flashbacks lacrimóxenos e xaponeses facendo caras.

Vamos, que a peli é mala. E recordade que non me disgustou de todo Vulcano High School.

Ifrit
Crítica de Battlefield Stadium Battlefield Baseball Jigoku kôshien

Categoría: Críticas 4 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Fagot, o día 18-06-2006 14:54:28h.
Dios!!!! Non sei de onde sacades semellantes cousas :)
Cando menos facedes sempre unha exibición de estómago audiovisual que deixa pampo a calquera.

Comentario feito por Godzilla Sama, o día 18-06-2006 16:31:37h.
E non sabes ti ata que punto

Comentario feito por Fagot, o día 26-06-2006 14:03:43h.
Pobriños, entre esto e a decepción de Fearless debedes de estar todos a pasar unha mala racha ;)

Por certo que para satisfacción de tódolos frikis xa debe quedar pouco para a estrea de "Scanner Darkly" e de momento o trailer impresiona.

Comentario feito por ifrit, o día 27-06-2006 09:45:21h.
Pois parece que inda non hai data de estrea para A Scanner Darkly no Imperio Pequeno... Haberá que seguir agardando...

E a ver se nos próximos visionados temos máis sorte :D



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García