Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Perigos de recoller un 'autoestopista'

12-06-2006 23:46:01

Cando descubres que o teu mellor amigo é un extraterrestre, e que todo o teu planeta vai desaparecer para deixar sitio a unha nova autoestrada, deixa de parecer importante que a túa casa estea no medio do futuro trazado dunha vía de circunvalación, ¿verdade?.

Pois isto é o que lle pasa a Arthur, un tranquilo veciño do rural inglés, que de súpeto atópase perdido nunha galaxia da que non coñece nada, a bordo dunha nave dirixida por un “motor de improbabilidade”, acompañado do seu amigo extraterrestre, a moza que pasou del nunha festa, o tipo co que marchou esta, o Presidente Galáctico Zaphod Beeblebrox, un tipo con moito estilo e un peculliar problema de personalidade, ademáis de Marvin, un androide depresivo (con voz de Alan Rickman na súa versión orixinal - im-prezionante-), mentras fuxen dos Volgon, crueis e pouco amigables burócratas posuidores da terceira peor poesía de todo o universo, na procura do mítico ordenador que lles contará cal é a pregunta definitiva sobre a vida, o universo e sobre todo (a resposta xa a teñen pero non vo-la vou contar).

Sei que a historia parece confusa, que alguén dirá “menuda parvada!”, pero podo decir, sen dúbida nen contemplación, que A Guía do autoestopista galáctico é a película máis divertida que teño visto en moito, moito tempo. Dende o seu principio, cun marabilloso tema musical a cargo dun coro de golfiños, non perde o ritmo de sorpresa e diversión en ningún momento, e cando pensas que xa tes collido o fío da historia, e que a partires de ahí vas adiviñar o que pasa despois, aparece unha nova sorpresa e outra vez a rir.

Absolutamente entretida e alcanza sen problema algún o 9´5 na Escala Godzilla de Interese Friki, e non chega máis arriba por que non presentou debidamente o formulario adecuado por triplicado, para que fose rexeitado, recurrido, aprobado, traspapelado, perdido, volto a atopar, soterrado nunha 'turbeira' e reutilizado coma combustible.

Adeus, e gracias polo peixe.

Godzilla-sama


Crítica de A Guía do autoestopista galáctico Guía del autoestopista galáctico The Hitchhiker's Guide to the Galaxy

Categoría: Críticas 3 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por El Vaugan, o día 13-06-2006 12:58:28h.
Gran novela y divertida película.


Por cierto, un gusto saber de nuevo de vosotros. Nosotros los VideoAreneroS hemos vuelto para quedarnos.

Un saludo VideoAreniL.

Comentario feito por Ghanito, o día 13-06-2006 19:56:11h.
Non esquezades levar a toalla ó sair da casa.

Comentario feito por ifrit, o día 13-06-2006 20:47:53h.
O 25 de maio foi o O día da Toalla :D

http://en.wikipedia.org/wiki/Towel_Day



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García