Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

O xendarme e Louis de Funès

16-04-2006 21:16:43

Unha vez máis a Televisión de Galicia sorprendeunos cun ciclo de películas sobre un mesmo actor (ainda que este ciclo xa é unha repetición), sendo neste caso o de Louis de Funès.

Concretamente o ciclo baséase no feixe de películas que este actor cómico francés fixo sobre a xendarmería francesa na tranquila e turística vila de Saint-Tropez, lugar de aventuras e desventuras deste pobre xendarme.

As películas emitidas foron:

Non vou esfarelar película a película, posto que levaría demasiado tempo e moito espazo facelo, e un é traballador pero non tanto. Simplemente dicir que as máis características son as catro primeiras películas, posto que manteñen a prácticamente todolos personaxes con excepción da última, na cal a filla de Cruchot xa non aparece. Nas dúas últimas entregas xa desaparecen certas personaxes sendo sustituidas por outras que particularmente non encaixan de todo ben.

En canto ás películas, que se pode dicir. Unha serie de películas para que Louis de Funès saque o seu mellor repertorio, ante o cal o espectador só pode facer unha cousa, rir ou aburrirse. Xa que tendo en conta que isto foi un ciclo de cine francés o mellor a alguen non lle gusta, para gustos son cores.

So dicir que eu rin ata non poder máis, por iso o meu aplauso para a Televisión de Galicia por este ciclo cultural de cine francés ofrecido ó publico.

Inversorr,
asasino da ortografía, e mercenario da gramática



Louis de Funès era medio galego, xa que a súa nai, Leonor Soto Reguera, era de Ortigueira. O seu pai, avogado de profesión, Carlos Luis de Funes y de Galarza, era andaluz.
Crítica do Ciclo "O Xendarme"

Categoría: Críticas 9 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Diefer Casan, o día 16-04-2006 23:12:19h.
Ufff! Qué forte! Pois eu non lle daría alabanzas a Galega por botar ese "ciclo" de cine. Se queren clásicos da xerdamería era mellor que botaran os ciclo da Panteira Rosa. Chi, señor.

Comentario feito por acedre, o día 17-04-2006 04:43:08h.
Non sabia que Louis de Funes fose medio galego. Cantas cousas aprendo convosco.

Comentario feito por Gran Dios del Bien y del Mal, o día 24-04-2006 11:50:20h.
Pois eu persoalmente oido a Louis de Funes e todo o que teña que ver con el

Comentario feito por sara, o día 27-04-2006 21:11:56h.
viches a de "Eres moi guapo". gustoume.

Comentario feito por Berty, o día 03-05-2006 20:15:35h.
Hola tio...voy mirando todo lo que vas escribiendo y no me pierdo nada, aunque ultimamente estuve algo disperso, un saludo desde Bruselas en esta semana parlamentaria. Berty

Comentario feito por Fagot, o día 05-05-2006 14:10:29h.
Agora hai que reclamar un ciclo de Phantomas ;)

Comentario feito por Godzilla Sama, o día 05-05-2006 15:22:36h.
E non esquezamos pedir de paso o de Fú-manchú

Comentario feito por ifrit, o día 28-05-2006 23:30:19h.
Para Berty e para todos os que levan máis dun mes lendo esta crítica de Louis de Funès decir que espero que nesta semana retomemos a actividade en CINEMA FRIKI coa posta en funcionamento de novo do ordenador central.
E non, non imos falar de X-MEN 3...

Comentario feito por None, o día 11-04-2007 14:51:05h.
WOW, so much stuff here, an excellent resource. Thanks guys!: xanax online



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009