Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Initial-D. A película

16-04-2006 20:09:09

Para aqueles que non o coñezan, Initial D é un manga ambientado no mundo das carreiras clandestinas nos pasos de montañas xaponeses, e tanto éxito tivo, que a súa versión en anime non tardou en chegar, e a partires de ahí, a película.

O protagonista da historia, en tóda-las súas versións, é Takumi, un mozo de instituto un tanto aparvado, que para sorpresa dos seus amigos, todos eles pilotos, resulta ser un conductor excepcional, capaz de sacar o máximo rendemento do seu vello coche, sendo quen de deixar atrás a máquinas moito máis potentes e modernas. Pero claro, cando levas repartindo tofu por esas mesmas estradas dende os trece anos, é facil que lle teñas collido o truco….

Por desgracia para todo-los que vimos e nos viciamos da serie, a película, feita en Taiwan, non respecta a metade dos personaxes, cambiándolle-los nomes, a relación entre eles, o carácter, etc, e simplemente ignora a outros, polo que perde parte do seu atractivo, e o puco que mantén débello a que reproduce moi fielmente os escenarios e os coches. Por todo o demáis poderían ter collido outro título e ninguén relacionaría este crime ca serie orixinal.

En todo caso sempre podemos optar por un "visionado selectivo” da película, saltando de carreira en carreira, que é o único interesante da cinta, e menos mal que están ben feitas, con algún plano interesante.

Resumindo, na Escala Godzilla de Interés Friki: un 6, e gracias ás carreiras, que se non…

Godzilla-sama


Crítica de Initial-D

Categoría: Críticas 4 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por alberto arguello alcazar, o día 10-05-2006 02:40:38h.
hola a todos los de la pelicula initial d que es un programa que miro del diario de lunes a viernes nunca me lo pierdo es bonito y enteresante. saludos a todos desde mexico, tapachula

Comentario feito por annnnnnnnnnn, o día 20-05-2006 14:33:10h.
immmmm la pelicula de los jovenes titanes existeeeeeeeeee

Comentario feito por kevin, o día 22-05-2006 00:29:18h.
es una serie buenisima de anime y espero que llegue pronto a Honduras saludos!!

Comentario feito por alexsanto, o día 07-06-2006 20:00:17h.
ola



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009