Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Urban Martial Art Action

16-03-2006 19:49:40

Tempo levaba sen unha deste estilo, unha de chineses coma Confucio manda, aínda que sexa unha película coreana.

Sen nada espectacular, atopamos unha película con todo o que o xénero precisa: temos ó prota, que de principio é un inútil, á moza que controla de artes marciais porque é filla dun mestre, ós propios mestres, cunha pinta de tirados que bota para atrás, ó malo malísimo ultrapoderoso que os vai eliminando, un clásico vamos, e todo aderezado cunhas coreografías bastante decentes, con golpes dignos de Humor Amarillo (non hai zamburguesas, pero os muros de cemento son igual de sólidos), aínda que para o meu gusto faltanlle un par de pelexas máis.

O argumento tamén é bastante típico: tipo patoso que resulta ser o único capaz de derrotar ó megamalo de final de fase, cando él sólo quería aprender a loitar e ligar ca moza da peli, e ademáis tampouco rompen moito a cabeza na posta en escea, podéndose identificar varias esceas que parecen tiradas doutras películas: hai un par de esceas Matrix, escea Os Inmortáis (só deberon rodar unha), e a típica montaxe que vemos dende Rocky ou Karate Kid ata Team América, todo moi clásico.

Pero non pensedes que por iso Arahan perde interés, todo o contrario, estamos ante unha película totalmente apta para unha sesión "palomiteira", con gargalladas aseguradas, e momentos de gran tensión dramática… vale, isto non, pero hai h****** coma pans, iso dende logo.

Resumindo, unha película que alcanza con comodidade o 7 na Escala Godzilla de Interés Friki, e que tería levado incluso algún punto máis se non tiveramos gastado xa unha boa cantidade de gargalladas vendo Snatch, pero iso é outra historia.

Godzilla-sama


Crítica de Arahan, Nan bei Shao Lin

Categoría: Críticas 1 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Don Vitto, o día 17-03-2006 11:07:59h.
Algo que se ten que dicir ben alto é a boa producción que amosa este filme. Non é nada barateiro barato, senon que aposta polo económico pero digno, non coma outras pelis, que por facelo de guais quedan coma paletos da montaxe en escena. E penso nun quad con "brillantina" ou semellante. Dignidade, señores, que por ser de poucos cartos non ten que perder ese punto de fachenda polo prestixio dun traballo profesional/serio.
Que non quere dicir que postos a facer certo tipo de pelis se teña que prescindir dun bo número de raiadas, pero non é o caso, que isto vai de Urban Martial Arts. E si, case semella cosmopolita ó lado dun guerreiro tailandés que ten que ir a Australia a buscar dous elefantes que lle faltan. Pero as hostias son as hostias, e o pan non é unha torta.



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009