Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Eses actores e actrices tolos

14-03-2006 19:54:31
Inauguramos aquí unha nova sección na que traeremos videos e outros materiais gráficos que nos amosan a cara menos coñecida dos nosos actores e actrices favoritos.

Empezamos cunha das nosas musas e actrices máis queridas, a doce e entrañábel Natalie Portman.

Vía Cool2ra

De segundo traemos a un David Hasselhoff recordando os tempos nos que foi número un en Alemaña durante oito semanas ó principio da Guerra Fría, agora interpretando o famosísimo tema Hooked on a feeling.
Corren rumores na redacción de que o video llo fixo un cuñado recén rematou un cursiño de imaxe e son, outros sosteñen que llo fixeron en ILM ou Weta Digital.


E de postre o gran Chuck "Walker" Norris lendo os dez mellores dos seus feitos.
Para que despois digan que Chuck non ten sentido do humor.

Vía menéame, Vía HacheyBlog

Categoría: Actores e actrices 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios


Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009