Póster de A Scanner Darkly
08-03-2006 23:43:19

Semella que o penoso periplo de A Scanner Darkly está a piques de rematar. Xa fai máis dun ano que se empezeu a falar dela e é agora cando se anuncia a súa estrea para o 7 de xullo (nos EUA)
A Scanner Darkly está baseada nun relato de Philip K. Dick e conta coma un policia adicto a unha droga que provoca paranoia e desdobramento de personalidade ten como misión capturar ó seu alter ego camello. Unha historia de paranoia, desasosego, inseguridade, desconfianzas, alucinacións e outras movidas psicotrópicas.
Para aumentar estas sensacións a película está totalmente tratada coa técnica do rotoscópio, que consiste en colorear imaxe real dando sensación de debuxo animado.

Prestan parte do seu mal fario a este filme Keanu Reeves e Winona Ryder. Tamén participan Woody Harrelson e Robert Downey Jr.
Se non vos enteráchedes de nada botádelle un ollo ós trailers.
Sen dúbida os amantes da ciencia ficción están de noraboa (se é que chega aquí, claro)
Vía Rotten Tomatoes
Categoría: Xeral 3 Comentario(s) & 0 Referencia(s)
Referencias
Comentarios
Comentario feito por ifrit, o día 10-03-2006 20:40:28h.
Comentario feito por Fagot, o día 14-03-2006 17:45:30h.
Eu tamén estou agardando pola peli como auga de maio. Sobre todo pola curiosidade que me produce a estética e por ver se Linklater é capaz de sacarlle máis partido ó rotoscopiado do que fixo ata agora. De feito hai un plano do trailer no que lle medra o pelo a Wynona Rider que xa insinúa algunha melloría.
En todo caso, a peli que menciona sin, Walking life, non sei se era "fallida" ou é que a peli aburría ata ás ovellas. Ademáis a rotoscopia facíase moi pesada nalgúns momentos. Por un lado había varias secuencias con colores moi planos que semellaban aninación tradicional e que estéticamente parecían moi boas. Por outro cada vez que aparecía un actor a rotoscopia gañaba definición e as sobras e distintos tonos embarullaban demasiado, para o meu gusto, a imaxe.
Uff, creo que falei demasiado.
Saudos.

Engadir un Comentario

Feito con
Me alegro de encontrar este blog que no conocía. Un blog en galego, sobre cine, y con sensibilidad bizarra. Le seguiré la pista.