Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Novo trailer de X-men 3. The last standing

08-03-2006 17:37:16

Estopou a guerra no universon mutante e así se nos amosa neste novo trailer. Parece que todos deixaron de lado as medias tintas e aplícanse a fondo en destruir ós seus inimigos. Grandes pelexas, maiores batallas, mortes importantes e novas personaxes interesantes.

Non o perdades, que vai rápido.

X-men 3. The last standing estrearase nos Estados Unidos o 25 de maio. A esperar toca.

Vía Superhero Hype


Categoría: Trailers e teasers 12 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Fagot, o día 08-03-2006 19:30:17h.
A cousa promete :)

Comentario feito por Don Vitto, o día 09-03-2006 00:01:10h.
Mmmmmmm.....
(Se non o víchedes, non sei a que agardades)
(Se xa o víchedes, sobran os comentarios)

Comentario feito por ifrit, o día 09-03-2006 00:22:21h.
Non é sinxelo fechar unha triloxía, e menos unha que coma esta vai en ascenso...
Pero coas imaxes que nos van ofrecendo só podemos esperar o mellor (ou o peor se desaproveitaron todo o potencial...)

Comentario feito por Godzilla Sama, o día 09-03-2006 00:37:51h.
Quen dixo nada de pechar?
Xa sabemos que en Hollywood nada pecha mentres de cartos, só iso explica cousas coma Parque Xeriátrico 2 e 3, e a serie dos Inmortais (insisto, só deberon facer unha)...

Comentario feito por ifrit, o día 09-03-2006 00:40:23h.
Home, a verdade é que este filme ten bastante de apocalíptico... de final... gañe quen gañe.
Para seguir sacando cartos xa están os spin-off de Lobeto e máis Magneto ;)

Comentario feito por Don Vitto, o día 09-03-2006 23:54:38h.
Pero as posibilidades dunha nova Patrulla X son elevadísimas. Refírome a que un dos momentos clásicos do Universo Mutante é cando Charles ten que organizar un novo equipo para sacarllas castañas do lume os membros que foran atrapados na illa viva de marras.
A solución é tan sinxela como deixar ó Home de Xeo, Anxo, Rogue, Besta e Coloso, tal vez algún máis, coma o equipo do Profesor, mentras que o resto se vai a facer vida por aí adiante, dividindo a franquicia nunha versión Patrulla X, que faría películas sen estrelas de cheques criminais, e o equipo X-Men, que non tería ningunha peli porque non lle van pagar a Hugh nin a Halle o que probablemente pidan, nin o resto se se suben á ouveira.

¿Como o vedes?
No trailer deixa ben colocado ese futuro...

Comentario feito por Diefer Casan, o día 11-03-2006 00:24:18h.
Ou iso ou facer unha serie de televisión coma fixeron con BLADE (xa sei que me van a matar por isto, jejeje)

Comentario feito por Don Vitto, o día 11-03-2006 18:50:36h.
O dereito ó suicidio non está amparado en ningures do noso ordenamento xurídico, Diefer. Traducindo ó idioma común: non tes dereito a ir por aí facendo oposicións a difunto. Que é nin máis nin menos o que fas o mencionar semellante enxendro eiquí. Non tes dereito a mencionar cacho atrocidade nesta páxina. É unha provocación gratuita, e ademais vindo dalguén con nocións de Psicoloxía, que lle permiten adiviña-la reacción da xente.
Xa te verei cando fagan unha nova serie de Batman, en plan Schumacher.

Comentario feito por Diefer Casan, o día 11-03-2006 21:21:56h.
Xa o dicía eu ;)

Iso é amor... aínda que non o pareza.

E gustaríame moito que fixeran unha serie coma a dos anos 60 (que non callaría moito nesta mentalidade de agora).

Pero xa fixeron un amago. Fixeron unha serie de televisión do cómic de "Birds of Prey" que conta as aventuras das tres mulleeres da saga de Batman: Oráculo, A Cazadora e Canario Negro. Non saíu en España e o único que vin foi un trailer e parecía que deixaba moito que desexar. En fin...

Comentario feito por Don Vitto, o día 12-03-2006 00:52:00h.
Teño un par de volumes dese Birds of Prey do que falas. A idea non é mala, pero meter a Dinah polo medio rompe os meus esquemas de Batman. Sempre a coloquei na JLA ou xunto a Green Arrow. O certo é que non sei moi ben a conto de que acaba non sub-Universo DC Batman. Como non sexa polo de pertencer ó gremio dos detectives...

Unha serie desas tipas metería medo, creo eu, en plan Charmed. Chapa bonita pero tema policiaco-detectivesco moi devaluado...

Comentario feito por maritza mosquera, o día 21-04-2006 18:33:17h.
hola por favor los dvd de la serie de charmed por favor pliiiiiiiiiiiiiiis

Comentario feito por ifrit, o día 22-04-2006 17:43:54h.



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García