Xa estamos de volta
07-03-2006 13:32:00

Despois dunha paréntese, longa de máis para uns, curta para outros, estamos de volta na area do blogomillo e da burroesfera en xeral.
Entre resacas, problemas xa resoltos en bitacoras.com e outros problemas técnicos na sede central de CINEMA FRIKI, non puidemos estar ó día de todo o que pasaba e nin siquera puidemos celebrar o noso primeiro aniversario (16 de febreiro), esperemos que haxa moitos outros para celebrar.
Aproveitarei esta entrada para facer un pequeno resumo do que foi este ano en CINEMA FRIKI. O que comezou coma un sitio para deixar impresións e novas de cinema entre un par de colegas acabou por converterse nun pequeno curruncho de subcultura e refuxio para inadaptados sociais. Co poco tempo que levamos e o pouco que nos importa a repercusión mediática non está de máis recordar a aqueles que se fixeron eco da nosa existencia: Vieiros e Código Cero.
En todo o tempo que levamos co contador aceso (dende o 20 de marzo do 2005) recibimos máis de 17.000 visitas únicas, o que fai unha media de 50 visitantes por día. Xente de todo o mundo (Hong Kong, Singapur, China, Corea do Sur, Malasia, Israel, Andorra, Irán, Emiratos Árabes, Cuba, Yemen, Macedonia, Letonia, Lituania, Xordania, Cabo Verde, Uzbekistan, Nepal, Macao, Kazaxistán, Nova Caledonia, as Antillas Holandesas, Dominica ou Vietnam). Máis da metade da xente ven a traveso do noso amigo o Google buscando as cousas máis estranas (nunca saberemos se as atopan) e o resto das visitas veñen po-las páxinas da boa xente que nos teñen ligados ou fala de nosoutros (Aquí huele a azufre!, Uruloki, EU E OS EE.UU, El Blog Ausente, Tierra Gallega e Mi perro se llamaba Indiana).
Esperamos seguir na brecha algún tempo máis e que vós o leades.
Xa sabedes, nos comentarios tóda-las queixas, insultos, agasallos, suxerencias, peticións e todo aquelo que se vos ocurra. Tamen podedes facer como Satho nestes comentarios.
Categoría: Xeral 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)
Referencias
Comentarios




















Feito con