Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

The Final Countdown

07-03-2006 14:29:24

Saudos a todos aqueles que lean isto. Eiquí tedes unha crítica que eu, no meu foro interno, tiña que facer. Unha peli para min mítica. Desas que te collen de cativo e te deixan marcado a lume. A min pasoume. Non lembro o ano na que a vin, pero a súa estrea data de 1980. Xa che ten cinco lustros ben servidos. E todavía me mola coma a primeira vez.

Ainda que trate do tempo e as viaxes por el, ten "nivel", non é unha serie B, hai cartos e hai plantel. Kirk Douglas e Martin Sheen. Espartaco e o presidente Bartlet. Ou os protas de O derradeiro tren de Gun Hill e Apocalypse Now. O resto tamén serían alguén na época, pero hoxe non se lembran nin tanto nin menos.

E a colaboración da Armada dos USA. Que o Nimitz era moito Nimitz, e todavía o é, polo menos a clase de navíos que leva o seu nome. Publicidade. Somos chungos e cousas así. Ademais, era a súa presentación na gran pantalla. Debería haber unha liña dicindo algo coma "Introducing USS Nimitz".

Porque isa é outra. Hai viaxe no tempo e hai músculo militar, aínda que sexa de atrezzo. ¿Como non vai molar?

Continuamos. Pearl Harbor. ¿Alguen non coñece de que vai a Historia? Dirán misa os que o queiran negar, pero hoxe en día se hai unha verdade imperial é a da supremacia propagandística dos USA.
Poñédeos a parir. Falade mal deles. Ou falade ben e louvade as súas virtudes. O que vos sáia 'daí'.
Pero coñecedes Pearl Harbor mellor que a Batalla do Ebro ou calquera outra librada con ibéricos de por medio. Nin Lepanto vos virá a cabeza a moitos de vós. Ou outros asuntos históricos, coma todo o western, por exemplo Buffalo Bill ou Wyatt Earp ou Billy o Neno. Nin vou tentar sacar equivalentes propios. Nin Elviña, nin Irmandiños, nin nada. María Pita, Pedro Madruga, non lembro película ou medio audiovisual semellante que os poña na pantalla. O cinema americano puxo o que lles faltaba de séculos a base de mitificación e uns bos publicistas, pensando no chiste.
Pero estoume indo cara Deus sabe onde...

The Final Countdown. E non falo de Europe. O final da conta atrás. É tan simple que abraia a calquera. Un what if... de toda a vida, inconcluso. Unha boa aproximación ó desprazamento temporal. Xustificar algo xa histórico por unha intervención nese presente dende o futuro.
Poucos anos despois chegaría Terminator. E tamén O Experimento Filadelfia. E xa entrando na gloria máxima e supremo exemplo de mito inesquencible e atemporal, temos Star Trek IV. Misión: Salva-la Terra, pero non é o mesmo, anque si semellante.

Remantando, a miña intención non era máis que lembrar unha xoia coma esta, a ver se así nos van saindo máis peliculiñas deste tipo, nos comentarios, por exemplo.

Don Vitto


Crítica de The Final Countdown O final da conta atrás El final de la cuenta atrás

Categoría: Críticas 5 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por ifrit, o día 07-03-2006 15:16:03h.
O título en Europa e no DVD non deixa lugar á dúbida: U.S.S. Nimitz: Lost in the Pacific XD

Comentario feito por CP, o día 07-03-2006 15:33:39h.
Una pelicula mitica. Una gran elección para recordar.

Comentario feito por Godzilla Sama, o día 07-03-2006 20:50:32h.
Por se alguén non o pillou: o U.S.S. Nimitz viaxa no tempo e ten a ocasión de evita-lo ataque a Pearl Harbor, a partires de ahí, marabilla de peli

Comentario feito por Diefer Casan, o día 11-03-2006 00:32:55h.
Chi, que gran película. Destas míticas que viamos de nenos e que se nos quedaron na mente por algunha razón.

A que teño moi en mente era unha da Disney que creo que se titulaba "El Agujero Negro". E para ser para público xuvenil era bastante escura porque aquel carismático robot vermello mataba a máis dun.
Moi boa, chi.

Comentario feito por Diefer Casan, o día 11-03-2006 00:38:23h.
Xa a atopei, jejeje

http://www.imdb.com/title/tt0078869/

Sería boa cousa atopala e vela para recordar vellos tempos :...)



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García