Zulú
06-03-2006 13:21:52

Un clásico e unha das mellores películas bélicas que se fixeron, e non está dentro do sobresaturado escenario da 2ª Guerra Mundial. Aínda que non é do cine actual, cheo coma está de efectos especiais, Zulú parece moi deste tempo, cunha realización impecable que parece impropia de aquela época (1964).
Conta os feitos que ocorreron en Rorke's Drift, onde un cento de homes do Corpo Real de Inglaterra defendeu o seu posto frente 4000 zulúes. Como digo, unha película moi digna de ver e onde non poñen o home branco coma un ser todopoderoso e superior (coma as películas de vaqueiros daquela onde o indio era un ser cruel e despiadado), se non onde os dous bandos son guerreiros e teñen un respecto o un polo outro.
Impecable, si señor.
Diefer Casan
Crítica de Zulú
Categoría: Críticas 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)
Referencias
Comentarios




















Feito con