Tim Burton por tódo-los poros
16-02-2006 18:22:56

Aproveito a saída en DVD deste filme para resaltar un par de cousas. Desde o primerio fotograma rezuma Tim Burton por tódolos poros. Ese gris industrial do mundo exterior, co seu permanente inverno, e no que todo cambia a un mundo de fantasía dentro da fábrica. Danny Elfman excepcional e Johnny Depp que converte en ouro todo o que fai na grande pantalla. É o que máis destaco. A actuación deste home é sublime, coma case todo o que fai, cada xesto e cada mueca son unha obra de arte. A caracterización do personaxe non creo que se puidera superar con outra persoa.
Unha fábula moi entretida para ver acompañado, onde o único que pode sobrar son os numeriños musicais ó longo da película. A presencia de Christopher Lee é impresionante. Aínda que nesta película non fai de malo “malo” a súa imaxe na pantalla é moi impactante.
Diefer Casan
Crítica de Charlie e a fábrica de chocolate Charlie y la fábrica de Chocolate Charlie and the chocolate factory
Categoría: Críticas 4 Comentario(s) & 0 Referencia(s)
Referencias
Comentarios
Comentario feito por acedre, o día 17-02-2006 04:34:11h.
Comentario feito por acedre, o día 05-03-2006 18:25:39h.
Comentario feito por Alfie, o día 06-03-2006 13:35:02h.
Comentario feito por ifrit, o día 06-03-2006 13:59:55h.
Pois parece que no seu próximo proxecto Burton súmase á moda dos 'biopics' co dun tal Robert Ripley ('Believe it or not', http://www.imdb.com/title/tt0492445/ )
Engadir un Comentario




















Feito con