Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Semana Internacional do Traxe de Gorila

30-01-2006 17:09:55

As cousas de palacio van despacio, e as de CINEMA FRIKI máis. Dende o mércores pasado vense celebrando en Bizácoras (o directorio máis bizarro da burroesfera) a Semana Internacional do Traxe de Gorila, dedicada o enaltecemento da xente vestida de gorila, ós gorilas mesmos e ó gorileo en xeral.

Dende CINEMA FRIKI faremos unha excepción á nosa programación habitual, como xa o fixemos durante Cineuropa, e intentaremos contribuir a esta gorilización facendo un repaso da saga de O planeta dos simios (Retorno ó planeta dos simios, Fuxida do planeta dos simios, A rebelión dos simios, A conquista do planeta dos simios e O planeta dos simios de Tim Burton), a maior saga de xente disfrazada de gorilas da historia.
Ademáis faremos unha análise do xogo de ordenador Gorillas, gran inicio gorileiro da maioría dos integrantes desta bitácora.

Agardamos que disfruten.

FELIZ SEMANA DO TRAXE DE GORILA!

Categoría: Bizarro 5 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Pol, o día 30-01-2006 22:58:57h.
Y faltaría 'Entre pillos anda el juego', mítica película donde un gorila tiene un papel estelar aunque breve...

Comentario feito por ifrit, o día 30-01-2006 23:14:22h.
Pois xa sabe o meu correo ;)

Comentario feito por Matías Bruñulf, o día 30-01-2006 23:22:20h.
Xa vexo que o seu son as superproduccións. De posts.

Comentario feito por Fagot, o día 01-02-2006 23:10:25h.
Apuntádevos tamén o Gorila do vídeo "No sleep till Brooklyn" dos Beastie Boys

Comentario feito por Diefer Casan, o día 02-02-2006 19:03:56h.
E como fan Bondiano que son tamén resaltar cando James Bond (Roger Moore) disfrázase de gorila nun vagón de tren para escapar de Gobinda e os seus secuaces en Octopussy



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009