Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Special Forces

28-01-2006 23:49:24

O visionado do filme Special Forces resultou ser unha verdadeira sorpresa. Agardabamos ver unha película de acción de serie Z, pero ó final resultou ser un producto moi digno do xénero e ben rematado.

Conta a historia das vicisitudes polas que ten que pasar un equipo das forzas especiais norteamericanas para rescatar a unha periodista capturada polo lexítimo goberno da república de Muldonia.

Ben levada dende o comezo ata o final, a cinta pon de manifesto que non é necesario un grande presuposto para poder facer un bo filme de acción, e ademáis descubre a un novo grupo de actores que sen dúbida van ter moito que dicir no xénero nos próximos anos.

O único que se lle pode votar en cara é o fomento que se fai do imperialismo americano, xa que na historia as forzas capitalistas atacan sen mediar provocación ó pacífico país de Muldonia ó que acusan ademáis de levar a cabo unha limpeza étnica.

Nada máis lonxano da realidade. Muldonia é unha grande nazón que respectou sempre os dereitos humáns e...

É mentira!! Axuda!! Estou retido polo xeneral Hasib e me está a obrigar a dicir todo isto!! O filme é unha merda infumable cheo de violencia gratuíta da peor calidade posible e cun argumento e uns intérpretes que non se sosteñen nin de puta coña!!!

Maldita sexa, coido que xa veñen!! Fuxide, insensatos!! Non a vexades nin na TV nun día de resaca!! Escapade!!!

BANG (son dunha Makarov)

Yann Breoc


Crítica de Special forces

Categoría: Críticas 8 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por ifrit, o día 29-01-2006 00:03:59h.
Esta peli só sirve para facerlle unha dobraxe tipo El Informal... Menudo despropósito.

Comentario feito por Tawil, o día 29-01-2006 01:04:59h.
Nem para isso... (lembro-me bem dela...)

Comentario feito por ifrit, o día 29-01-2006 01:56:28h.
Pero Tawil, como chegaches a ver esta peli?!

Comentario feito por CP, o día 29-01-2006 13:37:39h.
Pues estaria atado a una silla, y siendo torturado salvajemente ... por la pelicula, claro.
Yo creo que estas pelis solo sirven para capturar fotogramas y usarlos para enseñarle PNJ´s a los jugadores en una partida de rol (esa foto del general malo, XD)

Comentario feito por Don Vitto, o día 02-02-2006 14:16:12h.
O simple feito de ver semellante "cousa" voluntariamente indica o grao de retorcida perversidade masoquista que acadan algúns seres superiores...
Dor, vexo moita dor...
Quen mercou (si señor@s, mercou) tal "cousa" coma agasallo debería ser incrustad@ na parede dunha institución mental tipo Arkham.
Queda dito.

Comentario feito por Godzilla Sama, o día 03-02-2006 12:05:30h.
¿Quen se pode resistir cando ve no super un caixón cheo de pelis variadas de oferta a x euros? especialmente cando buscas un regalo cabrón...

Comentario feito por Pol, o día 03-02-2006 15:17:06h.
No me había fijado pero es muy buena esa imagen del general sosteniendo el envoltorio, parece decir "¿No te habrás comido mi KitKat, zorra?".

Comentario feito por ifrit, o día 03-02-2006 15:51:25h.
A verdade é que a imaxe ten mil lecturas. A primeira vista parece un envoltorio dunha chocolatina pero po-lo nome podería ser dun preservativo ou dunhas compresas/tampóns...
Tamén pode estar dicindo algo como:"Non sabe que en Muldonia está prohibido comer Snickers imperialistas?"
Pero sen dúbida o mellor é o que din na peli XD



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García