Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Sam Raimi produce...

26-01-2006 19:36:22
Cando un ten moitos cartos gástaos en cosas que lle gustan, e a Sam Raimi o que lle gusta é dar medo. Por iso os seus dous próximos proxectos coma productor serán sendos filmes con alto contido de terror: Priest (Crego) e Siren (Sirena)

Xunto cos tamén productores Mike De Luca e Josh Donen comezarán a partir do verán o proxecto de levar á pantalla grande o manwha (banda deseñada coreana) Priest de Min-Woo Hyung.
Priest conta a historia, en clave de western, dun crego que desobedece as ordes da Igrexa e xúntase cun sheriff novo e cunha sacerdotisa para tratar de atopar a unha banda de vampiros renegados que secuestraron á súa neta.

O outro proxecto está tirado dun video-xogo xaponés da PS2, Siren de Keiichiro Toyama.
Non sei como será o xogo, pero a sinopse non é moi alá. Unha rapaza estadounidense anda á procura da súa irmá perdida en Xapón. Comeza a súa busca en Hanuda, unha vila nas montañas. Alí atoparase atrapada xunto cun mal indescriptíbel que non pode ser contido.
Escribirá o guión Michael Gordon.

Xa existe unha película xaponesa baseada neste video-xogo, chámase Forbidden Siren e estréase o 11 de febreiro en Xapón.

Vía KFCC

Categoría: Xeral 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios


Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009