Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Casshern

26-01-2006 17:48:57

Impresionante derroche de efectos especiais. Esta é a única forma de trasladar un manga a imaxe real. Non tiven a fortuna de lelo, pero o filme de Casshern está tan ben feito que imaxino cada fotograma coma unha viñeta do cómic.

Despois dunha guerra, a Federación Oriental derrotou os exércitos de Europa e tomou control do continente Eurasiático. Este é o marco onde se desenrola a película, nun futuro postapocalíptico, onde un novo descubrimento traerá aínda máis destrucción.

Recomendable, aínda que solo sexa para poder disfrutar dos seus efectos, aínda que me perdín nalgunha parte.

Diefer Casan


Crítica Casshern

Categoría: Críticas 8 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Matías Bruñulf, o día 27-01-2006 04:45:03h.
Una curiosidad: le gusta Elodie Bouchez? Expláyese.

Obrigado,

Matías Bruñulf

Comentario feito por godzilla.sama, o día 27-01-2006 12:35:13h.
Unha vez visto o tráiler, só podo dicir unha cousa: que rule!

Comentario feito por ifrit, o día 27-01-2006 15:34:05h.
Matías, é a primeira vez que oio falar dela :(

Síntollo

Comentario feito por dorfun, o día 27-01-2006 18:44:57h.
...eu quedei descolocado coa historia... pero o xeito de rodar as esceas de acción ó estilo anime, deixoume abraiado!!!

Comentario feito por Matías Bruñulf, o día 27-01-2006 21:52:37h.
Ifrit, vaia ao videoclub e diríxase directamente á sección das santas, onde fica Elodie (darase conta pola aureola: ollo, con "u" de "mu"). Unha vez alí, de paso que está, póñalle unha veliña ao Santo Onán.

Falamos despóis que agora teño presa. Apertas.

Comentario feito por Yann Breoc, o día 01-02-2006 17:56:55h.
Anuncio a tódolos membros da redacción de Cinemafriki que acabo de conseguir a peli.
Intentaremos que caia este fin de semana

Comentario feito por Pol, o día 02-02-2006 10:20:26h.
Esta se la pasé a Diego antes de las vacaciones...

Comentario feito por Diefer Casan, o día 02-02-2006 19:06:12h.
Chi, chi, e eu a collín no videoclube e... bueno. Xa vos aviso. Os FX son unha pasada pero fíxoseme moi longa e pérdese un.



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009