Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Premios CINEMA FRIKI 2005

13-01-2006 17:11:58

Chegados a estas alturas do ano é un bo momento para facer un repaso do visto e elexir o que máis nos gustou e o que menos. Por iso inauguramos eiquí os 1os Premios CINEMA FRIKI.


Para participar e dar as vosas opinións tan só tedes que enviarnos un correo-e ó noso enderezo
sinalando un máximo de cinco candidatos en cada categoría. Recolleremos votos ata o día 15 de xaneiro. Entre os tres máis votados de cada categoria faremo-las votacións finais. Ben sinxelo.

Aquí téde-las categorías:

  1. Mellor película
  2. Mellor actor / actriz / animal / ancián
  3. Mellores FX / CGI
  4. Mellor banda sonora
  5. Mellor "jump the shark"
  6. Mellor serie
  7. Premio Dra. Christmas Jones ó peor secundario ou ó máis prescindíbel
  8. Peor rumor
  9. Peor remake
  10. Mellor trailer / curta
  11. Peor vestiario / maquillaxe
  12. Mellor parodia (actor, personaxe, película...)
  13. Premio Campo de Batalla a Terra á película que non vimos (patrocinado po-la Igrexa da Ciencioloxía)
  14. Premio Alan Rickman ó "mellor" malo

Recordade que só consideramos productos do 2005 (aquí tedes unha lista con tóda-las estreas) e que de momento non temos premios pero en calquera momento pode salta-la sorpresa e aparecer algún agasallo dalgún dos nosos innúmeros mecenas e benefactores.

¡Xa temos premio! Unha botella de 0'75 cl de auténtico licor café do melloriño da capital, da tasca El Mosquito.
O exemplar será enviado a calquera parte do globo ao participante na elección de candidatos que será elexido por sorteo amañado o luns 16 (aprox.)


Imaxe realizada por panchez de Aduaneiros sem fronteiras

Cos escasos votos emitidos ata o momento é case seguro que os premios quedarán desertos.
¡¡A VOTAR!!

Categoría: Xeral 11 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Giménez Espantos, o día 09-01-2006 22:42:00h.
¡Facharrojo el que no vote! ¡Eh! ¡Eh!

Comentario feito por Dosis, o día 12-01-2006 03:26:55h.
volvin coas pilas postas! faime un sitioooo :D

Comentario feito por ifrit, o día 12-01-2006 09:59:18h.
Re-benvida!!! Eu xa te daba por perdida!! :)
Inda estás a tempo de votar.. o resto anda un pouco parado...

Comentario feito por Diefer Casan, o día 12-01-2006 20:01:43h.
Xa sei que chego tarde, pero non me esquecín de votar. E que entre exames e traballos ando un pouco liadillo, coma Nicholas Cage en "A Roca": "¡Encántame traballar baixo presión".
Este fin de semana tes os meus votos.

Comentario feito por Gran Dios del Bien y del Mal, o día 13-01-2006 16:48:25h.
Xa votei, asi que se non chegan os meus datos non me fago responsable!!

Propoño que sorteedes unha botelliña de licor café entre os participantes, xa veredes como sube a participacion como a espuma.

Comentario feito por ifrit, o día 13-01-2006 16:54:04h.
Gran Dios del Bien y del Mal, os teus datos chegaron e xa foron contabilizados po-lo ordenador central.

E a súa idea acaba de ser aprobada po-la vía de urxencia! LK RULES!!

Comentario feito por pennywise, o día 13-01-2006 18:41:03h.
Hola tío! Soy Sharingan del foro de Mangaline, me he de poner a leer tu blog. Lo que no entienda ya te pediré traducción jeje ^ ^ saludos

Comentario feito por Fagot, o día 14-01-2006 01:35:13h.
Xa vos deixei as miñas votacións. Saúdos Ifrit e gracias pola túa lista. :)

Comentario feito por Gran Dios del Bien y del Mal, o día 19-01-2006 04:22:00h.
Cheeguei tarde ó da entrevista ó director de Alone in the Dark. Sintoo.

Comentario feito por Matías Bruñulf, o día 20-01-2006 04:51:22h.
A ver se lle mando unhas letras, mais non sei o que dará de sí a selección (galega e riscada).

Apertas.

Comentario feito por Diefer Casan, o día 23-01-2006 18:53:32h.
Xa votei. Tarde e arrastro.

E que, aínda que pareza mentira, isto leva o seu tempo.

;)

Un saúdo.



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009