Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Nova vilana en X-men 3

02-01-2006 21:57:06

Pois xa temos outra vilana máis para X-men 3, que se vai converter na película con máis mutantes da historia. Se es alguen no universo mutante tes que estar nesta peli.

Agora é o turno de Psylock, irmá do Capitán Britania, que será interpretada po-la actriz filipina Mei Melançon.
Psylock é unha das personaxes máis sexis do universo mutante (foi modelo de nova) e ten como poderes tódo-los propios dun mentalista: telepatía, telequinesia, ler mentes, control mental, ilusións, etc., etc. A súa historia é máis que un culebrón e ten de todo, ata cambios de corpo. Non sabemos como farán na peli para que sexa mala. Para abreviar diremos que Psylock vive actualmente no corpo de Kwannon, asasina e ex de Matsu'o Tsurayaba. Estivo liada con Anxo e con Thunderbird III. Ademáis do sexi traxe que a identifica tamén é posíbel que leve enriba do ollo esquerdo o símbolo de Crimson Dawn, unha fonte de enerxía doutra dimensión coa que intercambiou poderes.

Todo isto para que na peli apareza dous segundos detrás de Magneto.

Vía Superhero Hype! (inda que fixo que xa a víchedes na de Uruloki)


Categoría: Xeral 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios


Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García