Chungo
12-12-2005 17:15:40

¿Que faría eu se alguén me tivese 15 anos pechado nun cuarto?¿como reaccionaría despois de tanto tempo preso sen saber quen ou por que estou nesta situación? A resposta do noso protagonista é clara: buscar a ese c***** e destrozalo cas miñas propias mans.
Pero Old Boy é algo máis que unha sucesión de escenas de ultraviolencia oriental (se é iso o que buscas, proba con Battle Royale e terás máis que abondo) é unha historia de búsqueda de respostas, de motivos, cunha sucesión de xiros argumentáis que levan a Odaesu, o protagonista da historia, a cuestionarse finalmente o seu dereito á vinganza. (E como dicían no Un, dos, tres, "ata aquí podo ler")
Se me preguntas se me gustou a película, non sabería que decir. Ten os ingredientes adecuados para unha película de vinganza, para unha de intriga, e para unha historia de amor, pero os seus ritmo e voltas de guión deixan unha sensación extraña, algo que os que a vimos calificamos de “chungo”, pero pouco máis podo dicir, terás que te arriscar a vela para descubri-la resposta.
Godzilla Sama
Crítica de Old Boy
Categoría: Críticas 3 Comentario(s) & 0 Referencia(s)
Referencias
Comentarios
Comentario feito por dorfun, o día 12-12-2005 22:02:56h.
Comentario feito por Pol, o día 12-12-2005 23:30:09h.
Comentario feito por Gran Dios del Bien y del Mal, o día 14-12-2005 02:15:28h.
Engadir un Comentario




















Feito con