Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Unha de documentais

10-12-2005 18:41:46
Cruzando a ponte. O son de Estambul

A música no seu estado natural non é nin multinacionais, nin discos de ouro, nin grandes concertos. A música é refrexo dun estado de ánimo, dunha forma de vivir e ve-la vida e a forma de expresión dun pobo. E así no-lo amosa o documental Cruzando a ponte. O son de Estambul, realizado por Fatih Akin e conducido po-lo músico alemán Alexander Hacke.

Cun estilo similar ó do Lonely Planet, o documental fai un recorrido rápido pero completo da música da cidade turca, dende os modernos ritmos do hip-hop ou do rock progresivo ata as músicas máis tradicionais turcas e kurdas, pasando po-los grandes clásicos da música pop dos 60 e 70, os primeiros rockeiros e a música lixeira.

É difícil reunir nun documental tóda-la música dunha cidade como Estambul pero Cruzando a ponte fai unha selección moi acertada que pode servir dunha primeira aproximación a unha forma distinta de entede-la música fora do 3% que nos repiten día e noite.

Ó pé da letra

Se no anterior documental se facía a achega a unha cidade a traveso de distintas formas de música desta volta a proposta é máis orixinal se cabe, amosarnos un país coma os EE.UU a traveso de sete nenos participantes no Concurso Nacional de Deletreo en Washington.

EE.UU é un país inmenso cheo de contrastes e incoherencias. Ó pé da letra é un documental amosa sete formas de entende-la familia, as relacións pai-fillo, as relacións nunha escola... Pero en definitiva é o momento máis importante nas vidas destes sete nenos de menos de 13 anos que se enfrontan ó momento máis importante da súa curta vida, cada un cas súas particularidades, problemas e circunstancias.

Dende un xogo para pasa-lo rato ata unha filosofía de vida ou algo que cambiará as súas vidas. Escravitude infantil ou fachenda nacional. Pero só un gañará.

Ifrit


Bono Cineuropa
Crítica de Cruzando a ponte. O son de Estambul Crossing the bridge. The Sound of Istanbul Cruzando el puente. El sonido de Estambul Crítica de Ó pé da letra Spellbound

Categoría: Críticas 7 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Fagot, o día 10-12-2005 21:08:45h.
Saudos frikeiros.
Sinto colgar este comentario aquí, máis non sabía onde engadilo.
No meu blog estamos a facer unha lista coas 100 películas favoritas da xente. Gustaríame que participásedes e que puxerades as vosas 100 favoritas (se non se chega a 100, as que sexan). A orde na que se poñan é importante para poder puntualas.
Deixovos aquí a dirección do blog:
http://apelidodia.bitacoras.com/
E a dirección para colgar a lista de filmes:
http://apelidodia.bitacoras.com/archivos/2005/11/07/ranking-os-100-mellores-filmes-da-historia
Un saudo e perdoade pola usurpación de espacio. Colaborade :)

Comentario feito por Pol, o día 11-12-2005 13:48:23h.
Dirás que soy parcial, pero decir que por medio de un documental sobre concursos de deletreo se define USA es un poco... trillado, por ser suaves. Creo que es evidente que padres que intentan alcanzar sueños frustrados por medio de sus hijos no sólo los hay en EEUU.

Eso sí, que sea por medio de concursos de deletreo reconozco que es un poco enfermizo :P

Comentario feito por ifrit, o día 11-12-2005 14:16:13h.
Creo que me entendiches mal...
Os documentais non nos poden amosar como é un país ou unha cidade, só aspectos e pequenos detalles...
É obvio que ver un documental non é o mesmo que estar alé e velo, pero podes ver outras cousas...
E claro está que non hai moita diferencia do concurso de deletreo a Menudas Estrellas...

Comentario feito por Pol, o día 11-12-2005 22:06:27h.
Xa xa, si ya decía yo que el ifrit me iba a rehuír la discusión, y yo que lo hacía con toda la mala leche...

Comentario feito por ifrit, o día 11-12-2005 22:08:22h.
Eu discuto cando queiras, o que non quero é danar a túa recén estreada sensibilidade ianqui XD

Comentario feito por Pol, o día 12-12-2005 14:28:17h.
Jojojo

Me parece que tienes unas ganas de guerra...

...y ya dejo de chatear en los comentarios :P

Comentario feito por Diefer Casan, o día 12-12-2005 18:11:57h.
Eso, eso. Que unha vez reñíronme por facelo ;P



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García