Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Teaser Trailer e novas imaxes de X-men 3

06-12-2005 03:07:56





Aquí temos cinco novas imaxes de personaxes da agardada X-men 3 (páxina actualizada con novas fotos dos personaxes), Besta, Anxo, Juggernaut (irmán do Profesor Xavier) e Callisto (antiga líder dos Morlocks, en resumo unha inimiga recurrente de Tormenta, moza de Coloso e do irmán deste, Mikhail) Sen dúbida, este último novo personaxe é dos que darán para moitos guións posibeis.

Cinco migallas para alimenta-lo noso maxín.

Vía Superhero Hype!

E despois dos entrantes un primeiro prato, un teaser trailer de X-men 3. Este é dos bos e vese de todo. Para babexar a gusto.

Inda nos queda moito que esperar, a estrea nos EE.UU será o 26 de maio do 2006.

Vía Superhero Hype!

Existe un rumor que di que o título podería ser X-men 3. The Last Stand.

Vía Superhero Hype!


Categoría: Trailers e teasers 2 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Don Vitto, o día 07-12-2005 00:45:20h.
Cain Marko, Juggernaut, é medio-irmán de Xavier. De Magnus non é nada.

Comentario feito por ifrit, o día 07-12-2005 00:50:25h.
Ups! Menudo lapsus! Debeu se-la hora...
Non teño excusa!



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García