Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

¡Santa Edición Especial, Batman!

06-12-2005 05:45:24

Pois si, o Batman de Adam West nunha gran película. Unha especie de capítulo piloto onde os malos máis malos do home morcego unen as súas forzas para derrotar ó duo dinámico.

Encantoume, simplemente. Igual que a serie de televisión. Paréceme unha obra mestra e o mellor que se fixo de Batman. E o digo totalmente en serio, por que onde a xente ve unha cutrez eu vexo unha serie para entreter e sorrir coas súas aventuras. O traxe, os bat-aparellos para TODO, o Batman a plena luz do día correndo polas rúas, o batmovil, que é o coche máis famoso da televisión antes incluso que o Coche Fantástico, os seus diálogos de lóxica absurda (Gordon: ¿Qué pesa 16 onzas, pósase nunha árbore e é moi perigoso? Robin: Un gorrión cunha metralleta.) Impresionante.

Pero onde eu vexo a sua maxiestralidade é na caracterización dos seus archiinimigos. Simplemente son iguais ós do cómic, e mellor feitos que nalgunhas das películas oficiais (aínda que encantoume o albornoz de Mr. Freeze en Batman e Robin). Por iso creo que as películas que perpetrou Joel son boas no sentido que é coma se foran un capítulo da serie pero con moitísimo presuposto, por que algún diálogo é calcadiño.

Diefer Casan


Citas memorabeis da película
Crítica Batman: A película The Movie La Película

Categoría: Críticas 1 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Xan Pol Valei, o día 18-12-2005 10:49:15h.
Cita memorable nun episodio da serie.

Entra Batman nun bar, coma non co seu traxe de Batman:
Camareiro: ¿Mesa en primeira fila, Batman?
Bats: Non, quedareime na barra. Quero pasar inadvertido.

Sen mais comentarios



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García