Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Os irmáns Pang dirixirán The Darkness

06-12-2005 02:21:53

Os coreanos irmáns Pang, Danny and Oxide, dirixirán a adaptación cinematográfica do cómic da editorial Top Cow The Darkness.

O cómic cóntanos como o tirador da mafia Jack Estacado descubre que é o herdeiro dunha formidábel forza mística chamada the Darkness e é o único que pode deter un poder sobrenatural empeñado en escravizar á humanidade.
O cómic ofrece o que todos os da factoría Top Cow/Image: mulleres neumáticas, homes hipermusculados, splash pages a tutiplén... En definitiva, querer facer algo distinto a Marvel e a DC para acabar facendo o mesmo.

Inda andan buscando a un que lles escriba o guión así que de datas de estrea nin falamos.

Vía Superhero Hype!

Categoría: Xeral 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios


Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García