Ensaio sobre a tristura
06-12-2005 01:31:28

Esta podería ser unha desas películas de Antena 3 dos sábados despois de comer pois ten tódo-los ingredientes: argumento, personaxes, escenarios... Pero O mundo de Leland ten algo que a fai diferente a estes telefilmes e a fai estar por riba deles: a forma de contar o que pasa, de achegarnos a historia e os personaxes, o control dos tempos e dos ambientes.
O mundo de Leland conta a historia dun rapaz que mata a un neno retrasado mental de 21 navalladas, a historia das dúas familias e a dun escritor e titor penitenciario que intentarán buscar os culpabeis da súa forma de actuar e os por ques de tan salvaxe acto.
Kevin Spacey é productor deste filme e colabora cun pequeno papel, o do pai do asasino, escritor de sona de libros de autoaxuda. Despois do seu papel maxistral en American Beauty, podemos considerar que este filme é outra volta de torca máis no análise e retrato desa sociedade que apodrece no seu valeiro.
Esta película está especialmente indicada para os amantes da música de Pixies e de Frank Black, pois as súas cancións conforman a práctica totalidade da banda sonora.
O mundo de Leland é en definitiva unha película recomendábel, pero que preferíbelmente debe ser vista en estados de ánimo altos ou moi altos, pois os seus plantexamentos, preguntas e respostas, etc. poden afundir un barco tocado.
Ifrit
Bono Cineuropa
Crítica de O mundo de Leland El mundo de Leland The United States of Leland
Categoría: Críticas 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)
Referencias
Comentarios




















Feito con