Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Agasallo

30-11-2005 02:38:01

O que primeiro mande un correo-e á nosa dirección (cinema_friki (arroba) yahoo.es) antes das 13:00h terá a posibilidade de ir con Ifrit ó maratón de feche de Cineuropa.

20:15
Touro Salvaxe (Martin Scorsese)
Crash, estranos praceres (David Cronenberg)
Abre as orellas (Stephen Frears)
O neno de Mâcon (Peter Greenaway)
Barton Fink (Joel Coen)
O xantar nu (David Cronenberg)
Pat Garret e Billy O neno (Sam Peckinpah)

¡Dádevos prisa!

Categoría: Xeral 9 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Uruloki, o día 30-11-2005 14:45:50h.
Razóns laborais impídenme participar de esta posible invitación... o plantel é unha pasada! De todas formas unha dúbida, fontes con base comentáronme que a posible peli sorpresa do festival sería Tideland, o último de Terry Gilliam. ¿Sabedes algo?

Se tedes algunha noticia? Xa contarás!

Comentario feito por ifrit, o día 30-11-2005 15:10:16h.
O pasado xoves 24 foi a peli sorpresa, e si, foi Tideland de Terry Gilliam :)

E da invitación, como ninguén escribíu e non teño ganas de ir só, estou canso demáis e tería que estar na cola fai dúas horas... como que o evento non vai ter covertura po-la nosa parte :(

Comentario feito por eumesma, o día 30-11-2005 15:30:40h.
jejej..pero home... se podes kedar cerebralmente lisiado tras ver unha peli de scorsese e duas de cronember....
o ke oira por ahí e ke ian poñer un maratón cunha serie de las von trier ...e ke esa sí ke merecía a pena ;D.
saudiños

Comentario feito por ifrit, o día 30-11-2005 16:28:19h.
Pois nun maratón de Lars von Trier si que che pode dar algo XD

Eu prefiro decidirme entre un maratón de zombis ou un de Dead or Alive, de Takeshi Miike :D

Comentario feito por acedre, o día 01-12-2005 04:03:13h.
Chego tarde. Aparte tinhas que pagarme o avion. A ver se para a proxima. Anyway, gracias e saudos.

Comentario feito por Yann Breoc, o día 01-12-2005 10:03:54h.
Dende logo...
A xente xa non sabe qué facer para ligar...
Pon a oferta nunha sección de contactos ou como premio en Localia...

Comentario feito por Diefer Casan, o día 01-12-2005 19:54:54h.
¡Volvín! Coma o turrón polo Nadal ou coma os Aliens en Hadley´s Hope.

Xa tiña gañas de conectarme a un ordenador en plan Tron e navegar pola inmensa rede, e ademais, dende o mundo xeado de Hoth, digo de Lugo, nin máis nin menos. A aula de informática vale para algo, jejeje.

Pero non vos vou a contar a miña vida, nin creo que vos interese, se non xa faría outra bitácora. :)

Veña, Ifrit, ánimo, que xa me gustaría ir a min a algunha película de Cineuropa e quedeime coma Lobezno con Jean Grey (coas ganas) :p Eu creo que foi un seguimento moi bo e coas críticas das películas máis salientables.

Temos que dar gracias de poder disfrutar un Festival tan bo en Santiago, aínda que non digo que nunca irei a un dos grandes. Cando acabe a carreira e teña cuartiños e vacacións, jejeje...

¡Vémonos!

Comentario feito por Gran Dios del Bien y del Mal, o día 03-12-2005 18:58:42h.
Vale, dacordo, moito Cineuropa e tal, pero podiades facer unha pequena reseña sobre o Festival de Cine Independente de Ourense, que ese sí que é recoñecido a nivel mundial...

Comentario feito por ifrit, o día 03-12-2005 23:52:41h.
Xa che dixen que estamos agardando a que o fagas, que sei de boa tinta que fuches...

E tamén esperamos a de o coche fantástico :D



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009