Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Meu querido zombi

29-11-2005 00:07:41

Era unha tarde de brétema, choiva e co mercurio lixeiramente por riba dos 0ºC. Un día perfecto para que tres frikis se enfrontasen co seu inimigo natural e máis apreciado antagonista: o morto vivente.

Con este ánimo tres de nós nos puxemos diante de Dawn of the Dead, o remake da clásica Zombi (Dawn of the Dead, 1979) creada por George A. Romero. E cómpre dicir que estamos diante dun moi digno herdeiro desta clásica saga de terror. Non agardedes ver unha obra mestra de cine de autor, pero o Amencer dos Mortos sabe coller tódolos ingredientes do mellor cine de zombis clásico mesturándoos cos modernos (?) efectos especiais para dar un producto que, se ben non causa un medo excesivo, si acada que pasemos dúas horas sumerxidos nun océano de salvaxe e desenfreado canibalismo, sangue e humor negro, que a tódolos frikis deixará satisfeitos.

Se o que buscades é pasar unha tarde de alegres mutilacións e desmembramentos sen eses molestos remordimentos, Dawn of the Dead é o voso filme.

Yann Breoc


Críticos: Ifrit, Inversorr e Yann Breoc.
Ingredientes: 1 bolsa de pipocas, unha motoserra, por se acaso, e un coxín para que Inversorr abrace con forza.


Le outras críticas: intelectualgore (de PROYECTO ESTRAGOS) e José Viruete (de viruete.com)
E amplía os teus coñecementos zombis gracias a El Vaugan (de Videoarena) e a absence (de El blog ausente)
Crítica de O amencer dos mortos Dawn of the Dead El amanecer de los muertos

Categoría: Críticas 8 Comentario(s) & 1 Referencia(s)



Referencias
Fixo unha Referencia mediapinta :: En capítulos anteriores… :: December :: 2005 o día 2005-12-05 20:04:19h.
[...] zombis e pouca cousa máis E o outro domingo a recolle-lo Pablo recén chegado da súa aventura ianqui. Un malentendido fixo que os pais non o foran recoller e se non é por nós, os seus amigos, non sei que sería del. O luns empecei o c [...]



Comentarios
Comentario feito por Uruloki, o día 29-11-2005 08:21:05h.
O mestre do splatter dos 80 Tom Savini, creador dos FX da obra de Romero, fai un pequeno papeliño e di unha frase que queda na mente dos novos amantes zombiescos... "Ten o tembleque!" O resultado é un bo traballo de Zach Snyder.

Comentario feito por eumesma, o día 29-11-2005 15:30:33h.
eu como ke prefiro "zombi´s party"
¿cantos anos ten Romero? ¿non debería pensar xa na xubilación e deixarse de gaitas como esta?

Comentario feito por ifrit, o día 29-11-2005 20:19:20h.
O mestre Romero ten 65 anos e esta peli non é súa, senon de Zach Snyder
A última de Romero é A terra dos mortos vivintes (Land of Dead), na pila de pendentes, e quen ten bastantes boas críticas dos especialistas no xénero ;)

Zombie's party (Shaun of the Dead, traducción inglés-inglés) disque é do milloriño do xénero en moito tempo... Está visto que temos que facer un maratón zombi :D Cerebrooss!

Comentario feito por eumesma, o día 29-11-2005 21:15:05h.
cof, cof....
:)
¿?perdon¿?
confundín a peli da ke falales coa de Land od Dead... ke a pesar das críticas en serio ke é un bodrio(vina fai un par de meses).
precisamente o amencer dos mortos vina cando a estrearon e gustárame bastante (igual ke 28 dias despois,ou zombi´s party).
¿?porke falamos da do centro comercial con final chungo nos créditos non¿?¿??¿?¿¿?¿?
:D
vaia dia ke levo de metepatas :P

Comentario feito por ifrit, o día 30-11-2005 02:29:54h.
Nada, tranquila. E sí, falamos desa ;)

Comentario feito por Kiko Novoa, o día 30-11-2005 17:11:12h.
Joder, "Down of the Death"... teño un pésimo recordo do último remake. Xa a peli en si é unha merda (porque é unha merda de carallo), pero por riba fun vela aquí en Suecia coa miña muller e uns amigos. Un deles catalana. Pasouse toda a puta peli descarallándose de risa. Unha vergoña... Os suecos, nada acostumados a determinados berros, flipaban a cadros. "Down of the Dead"... sanblás que pinícula...

Comentario feito por Anxo, o día 26-12-2005 17:21:02h.
A min gustoume a ostia o "Amencer dos mortos", será porque son un friki dos zombis e poño o listón moi baixo. Non o sei. Pero o George Romero é o puto amo neste sentido. Nesta peli os zombis botan a correr, algo novidoso de carallo, a ver quen ten huevos a escapar. Por certo, xa vin A Terra dos mortos vivintes, que se estreou fai pouco. Segue sorprendendo o Dios Romero.

Saúdos Cinema -Friki. Tedes un blog do mellorciño.

Comentario feito por ifrit, o día 26-12-2005 18:04:31h.
Gracias po-la visita e po-los cumpridos.
A ver se en breve temos máis zombis nos nosos visionados :D



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009