Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Jane Fonda e as súas desinhibidas aventuras

28-11-2005 23:19:31

Qué vos vou a dicir deste clásico do cine de ciencia-ficción, Barbarella, a venus do espacio. Simplemente arrollador. Jane Fonda e as súas desinhibidas aventuras, onde, loite con quen loite, sempre acaba perdendo algunha parte do seu traxe galáctico. Os efectos especias lucen pola súa carencia, pero iso é o que a fai máis encantadora.

O argumento non deixa de ter o seu sentido. O presidente da Terra e presidente rotativo do Sistema Solar, solicita a axuda de Barbarella, agarrádevos, "astronavigatrix de 5 estrelas de dobre valor", para rescatar a un científico que desapareceu e que era portador dunha arma que podería traer de novo ó Universo á guerra. Polo camiño vai coñecendo ás personaxes que lle van a axudar e que Barbarella vailles agradecer de forma moi “especial”.

En fin, como din, eu vou a seguir no meu estado de “primitiva responsabilidad neurótica”.

Nota: Encantoume o peludo interior da nave espacial. ¿Non lle sería máis cómodo así á Estación Internacional?

Diefer Casan


Crítica de Barbarella, a venus do espacio Barbarella , la venus del espacio Barbarella: Queen of the Galaxy

Categoría: Críticas 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios


Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009