Nin unha boa adaptación nin un bo filme
26-11-2005 18:18:12

De todos é ben sabido que as aventuras de Harry Potter, o mago adolescente, son un fenómeno de masas seguido por milleiros en todo o mundo. É por iso que a estrea da cuarto filme baseada nas novelas de J.K. Rowling foi todo un acontecimiento. Moito se dixo desta longametraxe: a máis escura, na que os nenos maduran e descobren o amor, o regreso de Lord Voldemort... na opinión de este espectador, o que temos é o filme máis longo. Sen máis. E mesmo sendo a metraxe dunhas tres horas, non supera o problema destas adaptacións: demasiadas cousas para contar en pouco tempo.
Este é un deses filmes que os espectadores van comparar co libro do que provén. E neste case, máis se cabe que noutras adaptacións, con ollos moi críticos, polos fanaticos da fidelidade o orixinal.
Os primeiros minutos son unha orxía, unha carreira desenfrenada, por ver cuantos acontecimentos do libro podemos condensar en quince minutos. Inconexo e desmoralizante, o recorte argumental é abrumador. Quen non lese o libro difícilmente entenderá porque tivo que asistir a eses minutos, e quen lera o libro preguntarase exactamente qué está vendo.
Na seguinte hora, o filme tomase un pouco mais de tempo para contar a historia, pero non evita a sensación de saltar de un capítulo a outro coma nunha contrarreloxio de contacontos. Os conflictos que o filme anuncia se suceden un tras outro, e se solucionan coa mesma velocidade. Moitas cousas que acontecen no filme semellan absurdas mesmo no entorno de maxia a bruxería no que está situada, e isto débese a que soamente nun libro coa correspondednte explicación teñen o senso preciso.
Afortunadamente, este é un filme que vai mellorando a medida que chega o final, como se os guionistas tivesen o difícil, non desaxable pero imprescindible trámite de pasar por todo a demais para acadar o Rexurdimento de Voldemort. Estas esceas están moi ben coidadas, é son as verdadeiramente escuras do filme. Ralph Fiennes fai un excelente Voldemort, que a mala doblaxe non consegue estragar. Quizáis vale a pena para os afeccionados de Potter soportar todo o anterior para asistir a este momento. Quizáis.
O final do filme, os tres amigos comentan: xa nada será igual que antes. Eso tememos aqueles que non sendo incondicionais do neno mago, disfrutaran duns filmes de bela factura, con espledidas localizacións, ambientacións e caracterizacións, e que vemos con arrepíos como o libro A orde do Fénix e mesmo mais grande que este Cáliz de Lume. Aguardamos sinceramente que os guionistas poidan atopar a maneira de mellorar esta pobre adaptación que vimos de ver.
O Druida
Crítica de Harry Potter e o Cáliz de Lume, Harry Potter y el Cáliz de Fuego, Harry Potter and the goblet of fire
Categoría: Críticas 6 Comentario(s) & 0 Referencia(s)
Referencias
Comentarios
Comentario feito por eue, o día 26-11-2005 20:17:55h.
Comentario feito por Josema, o día 27-11-2005 11:44:40h.
Pois veño de ve-la peli o pasado mércores. Nunca vira unha soa película do señor Harry nin lin unha soa liña dos libros, especialmente porque amólame a ostia cando un fenómeno de masas apodérase dos diálogos monotemáticos e sobre todo o comportamento infantil que experimenta certa xente. É por iso que sempre me neguei a saber nada do Harry, pero claro cando chegou O señor dos aneis, eu lera os libros e fun ve-las pelis e entón decateime de que estaba formando parte doutro fenómeno de fanatismo. Bueno, total que fun ve-la última peli e non me disgustou, ainda que non podo facer comparacións co libro.
Comentario feito por Uruloki, o día 27-11-2005 13:28:00h.
Comentario feito por eumesma, o día 27-11-2005 23:17:29h.
Comentario feito por ifrit, o día 28-11-2005 00:10:38h.
Comentario feito por Gran Dios del Bien y del Mal, o día 03-12-2005 18:49:28h.
Engadir un Comentario




















Feito con