Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Unha película de medo galesa

24-11-2005 03:04:27

Dicir que The Dark é unha película de medo galesa non sería unha boa descripción. The Dark é unha moi boa película de medo. Concentra tódo-los ingredientes necesarios e cunhas boas potas. Unha casa aillada preto duns cantís da costa galesa, pouca xente (a priori), sucesos estranos pasaron nesa casa fai tempo, vellas lendas galesas, sangue, torturas, ovellas, unha música perfecta e, por riba de todo, o que máis medo da do mundo: nenos malvados.

O filme está rodado con grande profesionalidade e consegue transmitir ó espectador a angustia dos protagonistas. En todo momento o espectador está dentro do filme e non pode por menos decirlles ós protagonistas iso de "¡Non o fagas! ¡Non o fagas!" (pero sempre o fan) e dar algún que outro chimpo na butaca ou cumbri-los ollos para non mirar.

Os actores perfectos, as nenas increibeis, as paisaxes de alucine. Unha película redonda. Agora mesmo non se me ocurre ningún pero.

Ó sair do Teatro Principal só podía repetir: "Que mal rollo, que mal rollo..."

Ifrit



Bono Cineuropa

Para Uruloki: Se non a viches te-la que ver para facerte unha idea do que pode ser Black Sheep.

Crítica de The Dark

Categoría: Críticas 5 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Uruloki, o día 24-11-2005 08:33:03h.
Tomo nota Ifrit. Dende hai un tempo as pelis de terror menores, independentes e fora dos canons tan repetitivos actuais, sorprenden moito. Ten todos os ingredientes para pasar un bo rato de medo. A min os nenos diabólicos póñenme nervioso... os de O Pobo dos Malditos, as dúas versións, son uns... aj!

Comentario feito por Yann Breoc, o día 24-11-2005 10:11:49h.
Suscribo todo o dito or Ifrit.
A peli é moi sólida e adecuadamente inquietante. Ademáis, e para min o máis interesante, é a inclusión de tradicións xenuinamente celtas coma os penedos sagrados o os lugares de contacto entre os dous mundos.
Iso sí, ó meu profesor de Inglés, Galés él, lle deu mil patadas, xa que nesta os galeses quedan como un pouco supersticiosos e tal...
Doulle catro tenedores ó filme.

Comentario feito por ifrit, o día 24-11-2005 15:43:10h.
Non creas que con este comentario xa non tes que escribi-la túa crítica.

Que tío máis cansino...

Comentario feito por acedre, o día 27-11-2005 05:56:45h.
Outra pelicula que tenho que mirar.

Comentario feito por is6445@cinemafriki.bitacoras.com, o día 19-03-2007 07:56:29h.
is6445@cinemafriki.bitacoras.com



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García