Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Tideland

18-11-2005 18:49:44

Despois de dirixir Os irmáns Grimm Terry Gilliam ataca co seu persoal e delirante conto de fadas, Tideland. Delirante xa dende a propia páxina web. Se alguén consegue chegar ata o trailer que avise.

Disque desta volta nin os máis fans dos Monty Python poderán defendelo.

Vía Cinema Blend

Le a crítica que Martin Pawley (de Días Estranhos) fixo para Vieiros no Festival de Cine de San Sebastian.

Categoría: Xeral 2 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Martin Pawley, o día 18-11-2005 21:42:30h.
Cando se estree vai recibir paus a feixes, pero a min cónteme entre os seus defensores. José Luis Losa en "El Correo Gallego" fixo dela unha crítica tremendamente positiva, ditirámbica mesmo. Na miña opinión e con todos os seus defectos "Tideland" é unha verdadeira bomba, en sentido literal e metafórico. E gañará co tempo, xa verá.

Comentario feito por Martin Pawley, o día 21-11-2005 03:38:12h.
Non é tan difícil chegar ao tráiler, por certo, nin aos tres clips do filme que a web nos ofrece, entre outras moitas cousas (tamén hai entrevistas con Mitch Cullin (o autor da novela) e con Terry Gilliam). O xeito mais doado (pero non o mais divertido) é picar en "Access Map"...



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García