Crítica de Volcano High School
15-11-2005 23:23:47

Volcano High School é un filme coreano que leva á pantalla o que tanto tempo levamos vendo en mangas e videoxogos, as loitas intestinas nun instituto de rapaces con poderes.
A película é un recital de efectos especiais, coreografías, posturas e peiteados. Todo é posíbel nese instituto. Tódo-los personaxes son estereotipos, dende os profesores defensores das tradicións, pasando po-los capitáns dos equipos de loita libre, rugby, karate e kendo, ata os profesores sustitutos estilo Matrix peores que o de O Substituto.
Altamente recomendábel. Nalgúns momentos faise algo longa, pero un par de chistes, unha postura e algunhas ondas de poder o arranxan todo. Ninguén quedará decepcionado con esta película que resume á perfección o xénero gakuen.
Ifrit
Xurado: Diefer Casan, Godzilla-Sama, Ifrit e Inversorr
Ingredientes: Unha ducia de Donuts, 2 bolsas de Estrellitas, 1 bolsa de patacas fritidas, 1 bolsa de pipocas, 1 bolsa de M&M, 1 tableta xigante de chiculate con leite, 2 litros de Fanta laranxa.
Crítica de Volcano High School
Categoría: Críticas 4 Comentario(s) & 1 Referencia(s)
Referencias




















Feito con
Personaliza o teu avatar en gravatar.com
Non perdas de vista os teus comentarios con coComment
Utiliza código HTML para dar formato ó teu comentario
Non poñas máis dunha ligazón no teu comentario ou non aparecerá (sistema anti-spam)
Pode ser que non teñamos visto tantos productos da factoría coreana... ;) A verdade é que somos moi impresionabeis :p
V.H.S. él un filme para pasar o rato sen máis. Os efectos visuáis en xeral son bos ou moi bos, se ben a repetición abusiva que se fai dos mesmos en certas escena de acción os poden converter en algo cansinos.
That´s my mind
Saudos!!!