Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Cineuropa

06-11-2005 19:31:14

Dende que a icona do boneco con lentes chegou a esta bitácora certo aire gafapasta cubreu a redacción de CINEMA FRIKI. Esperemos que esto non dure moito, pero de momento é o que hai.

Dende o 2 ata o 30 de novembro podemos disfrutar en Compostela de Cineuropa, un festival que non está adicado nin a dar premios nin ás alfombras vermellas. Cineuropa é tan só cinema e público, cara a cara.

Como noutras edicións Cineuropa ven cargado de títulos que teñen poucas posibilidades de ser vistos nos circuitos comerciais, algúns cargados de premios e boas críticas e outros no máis absoluto anonimato. Ademáis este ano co trinomio transgresión, memoria histórica e fantasía como puntos comúns entre os títulos do programa.

Os ciclos programados son para tódo-los gustos: a Sección Oficial, Panorama Internacional, Oriente Express, Cine e Historia, Transgresións, Retrospectiva Michael Haneke, Fantastic Compostela, Cinefílias, Fermosos e Malditos e o adicado ó premio deste ano, Luís Tosar.

Os precios populares, os lugares de proxección recollidos, cantidade de títulos para elexir... Cineuropa é unha oportunidade que debemos apreciar e non deixar pasar. Dende aquí felicitar ó director do festival, José Luís Losa e ó Concelleiro de Cultura, Néstor Rego.

E por suposto CINEMA FRIKI non podía deixar de estar presente nun dos acontecementos cinematográficos máis importantes do ano, así que Ifrit tirou un bono de dez películas e fará a crítica do festival. Tede coidado pode estar na butaca do lado.

Categoría: Xeral 3 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por David Martínez, o día 08-11-2005 01:53:46h.
Eu todavía non sei a cales irei :D Teño que estudar a lista completa a ver qué hai de interesante...

Comentario feito por Fagot, o día 13-11-2005 14:58:45h.
Saudos.
Acabo de coñecer está páxina e douvos as miñas felicitacións. O caso é que eu teño unha moi similar http://apelidodia.bitacoras.com/
aínda que algo máis modesta.
Estades todos convidados a pasar e a deixar os vosos comentarios. Facemos pequenos debates sobre o audiovisual e agora mesmo estou intentando que a xente faga unha lista cos seus 100 títulos favoritos. Tódalas aportacións son ben recibidas.
Un saudo.
Deixovos unha suxerencia. Non sei se víchedes en Cineuropa "Hard Candy" comentáronme que era un peliculón. Xa me pasarei por aquí para enterarme das novidades.

Comentario feito por ifrit, o día 13-11-2005 16:22:11h.
Últimamente estamos un pouco vagos máis da conta, pero esperemos que sexa por pouco tempo.

Non deixamos de ver películas ;)



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García