Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Stardust

31-10-2005 13:21:54

O británico Matthew Vaughn dirixirá e producirá para a Paramount Pictures unha adaptación dunha das obras máis aclamadas de Neil Gaiman, Stardust.

Como xa sabedes todos Stardust é un conto de fadas pouco convencional. A historia, situada nunha singular vila inglesa, cóntanos como un mozo lle promete á súa namorada recuperar unha estrela caida, para o que terá que enfrontarse con bruxas, trasnos, gnomos, animais que falan e malvadas árbores.

O proxecto a penas está en cueiros e podemos agardar de todo, pero está ben que os superheroes non sexan os únicos que sexan adaptados á pantalla grande.

Vía KillerMovies.com

Categoría: Xeral 0 Comentario(s) & 1 Referencia(s)



Referencias
Fixo unha Referencia CINEMA FRIKI o día 2006-03-08 17:08:35h.
[...] Stardust Categoría: Actores e actrices 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s) Referencias http://cinemafriki.bitacoras.com/archivos/2006/03/08/actores-e-actrices-de-stard [...]



Comentarios


Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García