Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Non apta para claustrofóbicos

30-10-2005 18:12:22

O arranque de Cube é ben sinxelo. Un grupo de persoas sen ningunha relación entre elas aparecen de súpeto encerradas nun labirinto cúbico. O desenlace xa é máis complicado.

Cube é unha película non apta para claustrofóbicos, xa que a totalidade da mesma ten lugar en habitacións cúbicas fechadas con seis saidas que dan a outras tantas habitacións, nalgunhas das cales hai trampas mortais.

Medo, violencia, desconfianza, son algún dos sentimentos predominantes dentro do heteroxeneo grupo. Cada un é unha peza clave para atopar a saida, se a hai, inda que non todos chegarán ó final.

Cube é un proxecto arriscado. No filme priman as actuacións dos actores e actrices e os diálogos por riba de todo o demáis. Os escenarios son ben sinxelos, toda-las habitacións son practicamente iguais.

Terror psicolóxico e claustrofobia son as palabras que mellor resumen esta película, ademáis dunha máis que interesante forma de resolve-lo enigma.

Cube é o inferno en forma de cubo de Rubik.

The Ifrit


Crítica de Cube

Categoría: Críticas 6 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Giménez Espantos, o día 31-10-2005 00:44:10h.
El corrector ortográfico, señor ifrit, es "ven sinxelo" de usar...

Comentario feito por ifrit, o día 31-10-2005 00:48:57h.
Eu non gasto diso, que escribo no código directamente...
Ademáis, por máis que repaso non atopo a qué se refire, nazi ortográfico.

Xa temos de todo. Nazi ortográfico, terrorista ortográfico...

Comentario feito por ifrit, o día 31-10-2005 00:49:37h.
glups!
xa está :)

Comentario feito por Yann Breoc, o día 03-11-2005 10:18:12h.
Eu xa vin Cube hai algún tempo, e teño que dicir que me gustou bastante.
A crítica ten toda a razón: é unha inmersión no inferno ó que van os malos matemáticos (se non me credes vede o filme), non apta para claustrofóbicos.
4 estrelas.

Comentario feito por Pol, o día 03-11-2005 10:21:31h.
Espero que eso no haya sido un SPOILER...

Comentario feito por dorfun, o día 08-11-2005 10:42:07h.
Un dos meus filmes favoritos! ...esquecerse de pre e post secuelas...



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009