Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Unha peli típica ben feita

22-10-2005 21:50:27

Unha das cousas que máis me chamou a atención da peli, a parte das integrantes femininas do reparto, foi a utilización dun arma antiaerea. Tendo en conta que a peli é futurista, digo eu, preguntome eu, ¿que carallo fai no futuro unha Flakvierling 38 de 20mm? Posto que me fixei ven no detalle da peli, e consultando as miñas fontes, a arma en si e mailo afuste utilizado coinciden plenamente, sendo quizais o unico detalle modernista a mira que tiña a arma na pelicula (ainda que esta arma desenrolouse despois da Guerra Civil española, pois é o desenrolo do Flak 30 de 20mm feito pola casa Mauser) que inda asi de moderno non ten moito , dado que a arma contaba cunha mira con calculador electronico, inda que normalmente sustituiase por outra máis sencilla. Ah, e para non olvidarme, a cadencia debería ser moito máis superior, posto que podía por 420 disparos por minuto. O desenrolo máis famoso deste arma é o antiareo cuadruple que se ve nalgunhas pelis.

Outro tirón de orellas son paras armas que aparecen na pelicula. Por favor, unha mp45 simplemente modificada no cano... cutressss, poderían ter un pouquiño mais de imaxinacion.

Pero asi, e todo, a peli estivo mooiii ben.

The Inversorr


Tildes por cortesía de The Ifrit.



Unha peli típica ben feita
Esta é unha desas pelis das que xa non se fan, e inda non sabemos por qué. Utiliza tódo-los recursos o seu alcance sen necesidade duns orzamentos super-millonarios.

Serenity é practicamente perfecta. Non digo que sexa unha obra mestra, pero si é unha peli redonda. Ten tódo-los ingredientes dun filme do xénero mesturados na súa xusta medida. Os efectos especiais, o guión, os actores e actrices, a ambientación... Todo no seu sitio. Por iso nos preguntamos ¿por qué vemos tan poucas películas deste tipo? ¿é tan difícil facer algo así?

E non só iso. Ademáis non nos quere ensinar nada, non ten moralina. O prota non é bo, inda que si un heroe. Os protagonistas son arquetípicos pero non por iso son os de sempre, se non que son singulares.

Aventuras, intrigas, acción, ciencia ficción, batallas de naves...

E disque a serie, Firefly, é inda mellor. Así que xa devezemos por conseguila.

Ifrit



Le as críticas de Rafa Marín (de Crisei), absence (de El blog ausente) y de algernon (de La cosa húmeda).
Crítica Serenity

Categoría: Críticas 10 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Pol, o día 23-10-2005 03:57:11h.
Supongo que eso de no poner el título de la película que se critica es otra manía del gafapasta del webmaster :P

Por cierto, anuncio: esta semana iré a ver Saw 2.

Comentario feito por Pol, o día 23-10-2005 03:58:20h.
Tildes por cortesía de The Ifrit <- luego soy yo el maniático... :D

Comentario feito por ifrit, o día 23-10-2005 13:34:31h.
É cousa dos críticos... que te son así.
E a manía é de Brais, que é un terrorista ortográfico XD

Comentario feito por Uruloki, o día 23-10-2005 14:23:08h.
Promete pouco a peli esta, moito bombo pero o final fáltalle coñecer o pasado dos protas... Todo o mundo di que é fabulosa pero indican ese problema.

Outra forma de poñer tildes e incluír os códigos html dos mesmos. &aacute (á), &eacute; (é), &iacute; (í), &oacute; (ó), &uacute; (ú) e demáis...

Comentario feito por dvd, o día 23-10-2005 16:19:25h.
Pues a mi me encanto y esa estética cutre-futurista me parece de lo mas conseguida. Era más cutre en la serie de televisión y supongo que lo hereda de ella.
Aun así me parece una película genial y de lo mejorcito que se ha hecho en el genero de aventuras, tratando al espectador adulto como tal.

Ah y la geisha(Morena no se que se llama la actriz) es una de las candidatas para hacer de Wonder Woman en la peli que el mismo Whedon esta preparando. :);)

Comentario feito por Don Vitto, o día 23-10-2005 22:56:21h.
A peli está moi ben lograda. A serie polo que teño oído aínda é mellor, pero non a vin, así que deixo ese punto para os máis entendidos. Merece a pena, en serio.
E ademáis montan unha peli deste tipo sen fia-lo todo a unha sobredose de acción. Ben, máis que correcta... e nestes tempos xa non ta mal.

E polo demais, non é problema de Código...

Comentario feito por Godzilla.sama, o día 23-10-2005 23:04:19h.
Pero alguén pode comentar de que vai a peli? algún bocexo do argumento (se ten), comparación con algunha outra peli...esas cousas que normalmente se atopan nunha crítica de cine, e non nunha revista de equipamento para mercenarios

Comentario feito por ifrit, o día 24-10-2005 00:10:23h.
The real review is coming soon...

Comentario feito por inversorr, o día 25-10-2005 16:35:10h.
que carallo con tanta tilde nin tanta ostia, que pra eso esta o gran corrector ortografico de xesus. eu non me paro a revisalos tildes, soamente as faltas mais gordas e sempre se me escapa algunha. como comprobaran aqui faltan unhas cantas tildes. a peli e caralluda, ven levada, e ainda que non vin a serie como din d.vito, polo que teño escoitado e lido por algun blog, merece a pena que alguen a merque ou alguen a baixe.

Comentario feito por Yann Breoc, o día 28-10-2005 10:18:37h.
Pois a min a peli me parece bastante aceptable e digna dos tres euros que custou. Desde logo, teño ido a filmes que viñan con moitos máis aires e medios que resultaron ó final bastante peores. Sí que ten detalles cutres, pero iso lle aporta moito á estética xeral.
Por certo Inversorr, coido que te trabucas. Me gusta que se metan detalles frikis armamentísticos nas críticas, pero hai que fixarse un pouco antes. O antiaéreo non era unha venerable peza Flack 3o do ano da pera, senon (segundo a miña opinión) un Saab-Bofors máis actual e moito máis vulgar.
Gran Kajuna dixit.



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009