Cinema na TVG
17-10-2005 17:56:18
Así que a semanas que poida irei poñendo as películas interesantes e "interesantes" que van botar.
Martes 18, 1:30 h, Maxie: Comedia de pantasmas cunha Glenn Close posuida.
*Mércores 19, 00:30 h, Ras: Unha de medo ecolóxico dos 70. Unha familia nunha casa aillada no medio do monte onde os animais darredor empezan a comportarse estranamente e a atacalos.
**Venres 21, 00:35 h, Os intrépidos salvaxes: "Un príncipe vikingo parte na compaña dun grupo de esforzados guerreiros do país do norte ao rescate do seu pai, prisioneiro dos salvaxes habitantes da remota e aínda ignota costa norteamericana. Malia que a viaxe e o encontro cos salvaxes da outra beira do Atlántico sexa unha aventura de incerto resultado, os expedicionarios embarcan dispostos a todo para salvar a vida do seu rei." ¡Guau! ¡Peli dos 70 con vikingos contra indios!
Sábado 22, 00:35 h, Heroes sen patria: Irlandeses que loitan no exercito americano son encarceados po-la súa simpatia cos mexicanos e cando fuxen son secuestrados po-los guerrilleiros mexicanos. Todo isto no século XIX, claro.
Esta é a estrea da semana, que a película é do 99.
***Sábado 22, 2:40 h, Os crimes da Rúa Morgue: Versión do relato co mesmo nome de Poe. Non sabemos que versión é a que botarán, a de 1914, a de 1932 ou a de 1971...
Como podedes comprobar a TVG só programa cinema para parados, inda que botan moi poucos anuncios nas películas.
[As películas do xoves e do domingo inda están por determinar...]
[editado] Demasiado bonito para ser verdade. Da páxina web da TVG á realidade hai un abismo. O éxito de acerto a penas chegou ó 10%
Categoría: Series e TV 9 Comentario(s) & 0 Referencia(s)
Referencias
Comentarios
Comentario feito por ifrit, o día 18-10-2005 01:48:46h.
Comentario feito por Uruloki, o día 18-10-2005 15:10:48h.
Hablando de Ranas. Alucino con los periodistas de la radio. Hoy en "Hoy por Hoy" escucho a los tertulianos del cine hablando de los estrenos en USA. Se pudo escuchar a Javier Angulo, director de Cinemanía, diciendo que el número 1 de la taquilla es "The Fog", "Las Ranas"... ¿periodista?
Como recuperen el audio para la fonoteca me lo bajo!
Como recuperen el audio para la fonoteca me lo bajo!
Comentario feito por ifrit, o día 18-10-2005 15:32:04h.
Comentario feito por Xosé Antón, o día 05-11-2005 18:24:29h.
Comentario feito por ifrit, o día 05-11-2005 23:01:53h.
Comentario feito por Satho, o día 04-03-2006 10:10:50h.
Bos días a todos, un sitio interesante este...
Teño dúas preguntas sobre pelis de ciencia ficción que vin algún día pero non recordo.
Nunha delas un grupo de marines? estan facendo maniobras e algo pasa e aprecen no pasado, nunha praia onde se lles aparecen uns samurais. Non recordo nada máis: creo que un comenta que se lle para o reloxio, que era de pulso, e creo que tiñan un tanque. Non sei se algún de vos lle sona a peli e me pode dicir cal é.
Noutra peli, que creo que era española, aparce un tipo andando cun traxe branco por un deserto (non de area senón de rocha volcánica, estilo Tenerife). Sei que acaba tirado no chan preto dunha estrada e que pasa un coche que o recolle e o mete no maleteiro. No coche vai un home e o seu fillo e dille o rapaz ao pai "Y cuando se acaben que pasará" ao que contesta o pai "Supongo que tendremos que usarnos unos a otros". Suponse que emprega á xente como combustible. Así acababa, é que recordo porque é o que vin. Creo que a votaran na segunda cadea, fai varios anos xa. Ao mellor incluso era un corto.
Se vos sonan vos agradecería que me desedes información.

Comentario feito por ifrit, o día 05-03-2006 14:11:51h.
Benvido Satho, gústanos que che guste ;) En breve esperamos poder seguir actualizando :)
Seguindo as túas "pistas" e reunido o consello de sabios (ou sabichóns), pero sobre todo gracias a Don Vitto... podemos concluir case con certeza que a primeira peli é Sengoku jietai (a.k.a. G.I. Samurai ou Time slip) de 1979, protagonizada po-lo incombustíbel Sonny Chiba; e a segunda é Tierra de 1996, escrita e dirixida por Julio Médem e protagonizada por Carmelo Gómez, Emma Suárez, Karra Elejalde, Silke, Nancho Novo...
Esperamos que che sexa de axuda ;)

Comentario feito por Satho, o día 06-03-2006 11:58:52h.
Engadir un Comentario

Feito con
BTW, cómo echo de menos la telegaita y su superprogramación...