Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

James Newton Howard en King Kong

15-10-2005 19:33:26
James Newton Howard sustituirá a Howard Shore coma compositor da banda sonora de King Kong.

Teño disfrutado moito as miñas colaboracións con Howard Shore, os seus temas musicais fixeron unha contribución sen medida á triloxía de O Señor dos Aneis.

Durante as últimas semanas, Howard e máis démonos conta de que tiñamos diferentes aspiracións creativas para a banda sonora de King Kong.

En troques de gasta-lo tempo discutindo cun amigo e intentado unifica-los nosos puntos de vista, decidimos amigabelmente deixar a outro compositor face-la banda sonora. Estou mirando de traballar con James Newton Howard, un compositor do que admiro o seu traballo dende fai tempo, e doulle as gracias a Howard Shore, cuio talento tan só é superado polo seu saber estar.

Peter Jackson, director de King Kong


A verdade é que a estes niveis e con estes nomes a calidade na banda sonora está asegurada de todas todas.

Vía KillerMovies.com

Trailer de King Kong

Categoría: Bandas sonoras 0 Comentario(s) & 1 Referencia(s)



Referencias
Fixo unha Referencia CINEMA FRIKI o día 2005-10-19 20:44:47h.
[...] James Newton Howard en King Kong Trailer de King Kong Categoría: Trailers e teasers 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s) Referencias http://cinemafriki.bitacoras.com [...]



Comentarios


Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García