Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Sitges 05

10-10-2005 22:04:48

Esta vez pasarémolo por alto porque levamos menos dun ano nisto, pero o ano que ven será imperdoábel que non nos inviten a este festival.
Para os cinéfilos Donostia, para os cinéfagos Sitges. (Se nos invitan dende Donosti non lles imos decir que non)

Un ano máis Sitges preséntase cheo de boas e interesantes películas para ver, sempre co alicerce de que moitas delas nunca máis se verán nunha pantalla grande en España. Ademáis das películas está todo o famoseo e caras coñecidas que visitan cada ano o festival.

Imperdíbel nesta edición: Serenity de Joss Whedon, a homenaxe a Jim Henson (director entre outras de Dentro do labirinto e O cristal oscuro), Somne (cunha figuración de luxo), The Great Yokai War (Yokai Daisenso) a última de Takashi Miike, Sympathy for Lady Vengeance de Park Chan-wook, Hostel (producida por Tarantino), Mindgame (a última revolución na animación xaponesa), Corpse bride, Final Fantasy VII: Advent Children, X 1999 de Rintaro, A history of violence de David Cronenberg, THX 1138 de George Lucas, Urusei Yatsura: Beautiful Dreamer... e moitas outras que eu non coñezo. O mellor do último cine asiático, homenaxes, retrospectivas e todo en pantalla grande.

Na parte do famoseo estarán presentes Joss Whedon, Nathan Fillion e Summer Glau de Serenity, Álex de la Iglesia, Quentin Tarantino, Jodie Foster, etc.

Ademáis o festival conmemora este ano o 30º aniversario da estrea da película Quenlla (Jaws) como ben reflicte o cartace.

Xa que ningún dos nosos colaboradores poderá estar alí teremos que ler as crónicas por letra doutros. Dende aqui recomendo as de absence (pajero de pro), Desde Sitges con frunción. De momento: Serenity de Whedon, The Great Yokai War de Miike e Cosas de Sitges.

Inda estades a tempo o festival é do 9 ó 18 de outubro.

Categoría: Xeral 0 Comentario(s) & 1 Referencia(s)



Referencias
Fixo unha Referencia mediapinta :: Resumo do lido (I) :: October :: 2005 o día 2005-10-11 02:59:31h.
[...] CINEMA FRIKI e El blog Ausente. ESCRITO POR ifrit O 10/11/05 ás 12:58 am |

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009