Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Fala Karl Urban

10-10-2005 01:04:48
Karl Urban interpreta a John Grimm, o protagonista da película Doom, adaptación á pantalla grande do famosísimo video-xogo.

Hai unha secuencia cara o final do filme, onde basicamente o público convértese en John Grimm e vai por ahí masacrando todas esas criaturas, mutantes.
Vin unha animación e é sinxelamente emocionante. Estou totalmente seguro de que vai manter ó público pegado ó asento.

O xogo é o punto de partida para o filme. Foi unha inspiración. E temos incorporado un monte inxente de elementos deste xogo no filme, pero ó remata-lo día isto é unha adaptación cinematográfica do xogo. Sabes, fixémolo, coido, dando o mellor de nós mesmos para honrar ós xogadores e o todo o que se leva creado, e esperamos sumarnos a todo iso.

No filme aparecerán varias das armas utilizabeis no xogo, para o que precisaron un entreno de especialista.

Amo as armas de fogo. Ámoas. Sabes, teño unha explosión neste filme, en serio. Cando andas po-los sets e ves eses corredores apoucados e danche o carallo este dos rifles de asalto para xogar con eles, síntome o tipo con máis sorte do planeta. Teño un versión 3D do Doom de meu e podo xogar tódo-los días. É bastante guai.

A típica entrevista co actor que desfruta un montón facendo a película, o que non quita que despois sexa unha merda.

Vía KillerMovies

Doom

Categoría: Actores e actrices 4 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por ANTONIA, o día 05-11-2005 21:07:24h.
VIDEOS FRIKIS:LO MEJOR DE LO MEJOR.PRINGAOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Comentario feito por ifrit, o día 05-11-2005 23:04:09h.
Gracias. Nós tamen a queremos, Antonia.

Comentario feito por Fragha, o día 09-11-2005 01:06:01h.
...e non tenho mais que dizer!

Comentario feito por ifrit, o día 09-11-2005 02:40:03h.
Eu si que quedei sen palabras...



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Futbol