É Burton. Tim Burton
30-09-2005 20:43:18

With this hand I will lift your sorrows,
Your cup will never empty, for I will be your wine.
With this candle, I will light your way in darkness.
With this ring, I ask you to be mine.
Victor (Johnny Depp) e Victoria (Emily Watson) non se coñecen, pero saben que dentro de dous días serán marido e muller. Os pais de ela, os Everglot, unha familia noble vida a menos, acordaron o seu casamento cos Van Dort, que pese a ser un vulgares comerciantes de pescado fixeron suficiente diñeiro como para reflotar a castigada economía familiar. Victor vese abafado po-la presión que exercen amba-las dúas familias, e sequera é quen de recita-los votos no ensaio da voda. Na procura dun pouco de paz, adéntrase no bosque preto da vila e descoidadamente recita os versos cos que se supón que tiña que desposar a Victoria. Nembargantes, para a súa sopresa non se atopaba só, e a súa voda ten lugar moito antes do que el agardaba...
Este é o punto de partida de Corpse Bride (A noiva cadáver), a nova película de animación de Tim Burton. Ó dicir estas últimas sete palabras inmediatamente nos ven á memoria The Nightmare Before Christmas, filme que pasou sen pena nen gloria po-las salas de cine, recordo te-la visto con só sete persoas na sala, e que agora se converteu en película de –jo, non me digas que non a viches- culto. Afortunadamente isto non ocorrerá con The Corpse Bride, xa que a diferencia da súa predecesora prevé o éxito de taquilla e os pesados de sempre non se sentirán obrigados a reivindicala por ser “comercial”.
Os parecidos con Nightmare... son evidentes, ata na duración, 76 minutos a primeira e 74 a última. Os personaxes están feitos á medida de cada actor, cun maravilloso Christopher Lee (*reverencia* a morte descenda rauda sobor dos seus inimigos *reverencia*) e un meritorio Johnny Depp que parece terse reencarnado no personaxe de Victor. Capítulo aparte merece Helena Bonham Carter, pero dispensareivos se non coindides comigo, recoñezo que é unha debilidade persoal. Outro punto forte é a banda sonora de Danny Elfman, compositor habitual de Tim Burton e que recomendo a todo o mundo dende xa. E tamén recomendo ve-la versión orixinal, xa que inda que afortunadamente en España parece que non cometerán o erro de por a famosetes na dobraxe, coido que é impagábel escoita-la inconfundible voz de Christopher Lee coma o Pastor Galswells ou a Victor coa voz de Depp.
En resumo, un moi bo traballo de Burton. Os críticos dirán que é máis do mesmo... pero eso é precisamente o que agardaba desta película. Un, que é así de simple.
Pol
[A noiva cadáver estrease en España o 28 de outubro]
Crítica The Corpse Bride A noiva cadáver La novia cadáver
Categoría: Críticas 5 Comentario(s) & 0 Referencia(s)
Referencias
Comentarios
Comentario feito por acedre, o día 04-10-2005 03:55:34h.
Comentario feito por ifrit, o día 04-10-2005 12:36:56h.
Comentario feito por Giménez Espantos, o día 05-10-2005 05:33:27h.
Engadir un Comentario




















Feito con
Seguro que ni la mitad de esos zopencos van a ver esta película.