Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Cartaces de Serenity

19-09-2005 17:10:14


¿Qué faría o creador de Buffy, a cazavampiros, Joss Wheadon, se lle deixaran facer unha película? Aquí está a resposta. Serenity, a película da serie Firefly, tamén da súa creación.

Firefly conta as aventuras dunha nave espacial cazarrecompesas, unha sorte de Falcón Milenario. A tripulación do Serenity fai calquera traballo po-lo que lles paguen, inda que non sexan legais. A película conta coma o capitán (Malcolm Reynolds, Nathan Fillion) estivo no bando perdedor dunha guerra galáctica, e agora todo o que lle queda é a súa nave, chamada Serenity, e a súa leal tripulación: a segunda ó mando e a súa máis fidel aliada, (Zoe, Gina Torres), o seu marido, o piloto, (Wash, Alan Tudyk), o mecánico (Kaylee, Jewel Staite) e o musculitos (Jayne, Adam Baldwin).
Cando Malcolm colle a dous novos pasaxeiros, un doutor novo (Simon Tam, Sean Maher) e a súa inestábel irmá, a telépata River (Summer Glau), acepta máis do diñeiro estipulado. Eles son dous fuxitivos de A Alianza, o conglomerado que controla a galaxia. River aprendeu algo que se supoñía que ninguén nunca debería saber... e A Alianza fará calquera cousa para que iso sexa así. Tamén interveñen no filme Morena Baccarin, Ron Glass e Chiwetel Ejiofor.

O trailer é dunha peli ben distinta da que aparece nos cartaces. As malas linguas din que ninguén quixo ve-la serie, pólo que ninguén querería ve-la película.

¿Volverán os fans de Buffy intentar convencernos de que é unha gran serie?

Estrea en España 21 de outubro do 2005, nos EE.UU o 30 de setembro.

Vía Cinema Blend e IMDb

Categoría: Xeral 4 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Don Vitto, o día 20-09-2005 02:15:46h.
Non creo que escriba eu esa crítica...

Comentario feito por Pol, o día 20-09-2005 02:21:36h.
Lo que me parece increíble de la película es que haya un Baldwin que no esté relacionado con los hermanísimos.

Comentario feito por Diefer, o día 21-09-2005 09:18:58h.
Vendo o trailer non me tira nada.

Se fixeran unha película de Han Solo na súa época de contrabandista estaría cen mil veces mellor, e non un amago de plaxio coma esta.

"Star Wars, Han Solo´s Journey"

;p jejeje

Comentario feito por Diefer, o día 21-09-2005 10:00:44h.
E se pensan que por poñernos unha cachonda no poster imos ir a vela, ¡equivócanse!...

Ou non...



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009